Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 12 de diciembre de 2024
Tícket tras tícket

Agora entendo que se extingan os bosques. O papel sae da madeira. Nun hospital de Vigo gastan papel ás moreas, a darlle cun sacho. E iso tan só en tíckets. Para pedir unha simple cita non sei cantos tíckets hai que sacar. E claro, en cada tícket, vas dun lado ó outro coma un monicreque, coma se foramos becerros a un matadoiro. Como ó final dixo meu fillo: percorremos todos os andares, os cinco andares do hospital. Durante tres horas para unha consulta duns dez minutos.
Pingas de OrballoE non vale que lles alces a voz ou que lles chores dicíndolles que nos desprazamos desde o quinto inferno. Eles (neste caso, elas), iso si, con moi bos sorrisos e con cariñas de non romper nunca un prato, desculpábanse como podían, pero sempre acababan rematando cun "é o que hai". Efectivamente, é o que hai. Unhas situacións nas que empezo a entender que algúns nos alporicemos e que, outros, vaian máis alá desa exasperación.
Menos mal que, ó final da mañá, si aproveitamos eses dez minutos, porque eu xa tiña a mente no famosos dito ese de "facer unha viaxe en balde". Vin tan negra a cita que a cara de ferreiro era xa ó final da mañá unha expresión de cabreo e de cansazo.
Porén, e a pesar deses cabreos, deses bailes, deses tratamentos que realizan con nós, o que máis me chamou a atención foi a forma das citacións, das informacións, das consultas; todo a base de tíckets e máis tíckets, que non sei eu se o Amazonas dará feito en exportar madeira para tanto papel. E menos aínda se, como intúo, a empresa que rexenta ese hospital segue o mesmo método nos demais que ten espallados por toda España.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES