Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os soldos dos funcionarios

jueves, 11 de junio de 2009

Todo país que se precie necesita unha función pública organizada, preparada, moderna, profesionalizada. Temos esa función pública, o conxunto dos funcionarios, a escala do Estado, das autonomías, das corporacións provinciais e dos concellos.

A maior experiencia está ou estivo na Administración do Estado, de onde saíron os funcionarios iniciais da autonomía, logo a autonomía foi conseguindo vida propia, nutríndose os concellos e deputacións de xeito independiente, autónomo, segundo o seu saber e entender.

Visto desde a xeralidade dos administrados, os funcionarios públicos son unha clase que disfruta de importantes privilexios, máis ostensibles neste momento de crise, entre os que destacan a garantía de cobro dos seus salarios e a permanencia no posto de traballo, que non é pouco.

Os soldos dos funcionarios pasaron por moitas vicisitudes. En tempos estaban por debaixo do mercado de traballo, co que poucos traballadores tiñan interese nas oposicións. A evolución posterior dos seus salarios tenos situado na actualidade a niveis sensiblemente superiores ós de traballadores de similar formación, se ben non ocorre o mesmo cos altos cargos, os maís elevados dirixentes, que na empresa privada -na gran empresa- son especialmente ben tratados.

Pois atentos todos, porque a crise tamén se vai notar no funcionariado. A Conselleira de Facenda xa falou de que a conxelación de salarios non é descartable neste momento de crise. Foi só a mención dunha posibilidade, pero ven ser lembranza doutras accións similares que se efectuaron en momentos de apuro, ocasionando importantes perdas de poder adquisitivo especialmente nos funcionarios máis humildes.

A conxelación é o máis doado recurso da Administración para un ostensible aforro. Tamén unha das medidas de máis difícil comprensión e, á larga, de dudosa efectividade.

Por agora non se plantea, pero a posibilidade está aberta. Especialmente se eses “brotes verde” dos que falan algúns políticos resultan ser un espellismo no medio do deserto seco da economía.


Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES