Feliz o que se conforma co que ten
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 12 de diciembre de 2024
Son moitas as diferenzas entre Europa e África non só no tocante a extensión.
Tamén son moitas a diferenzas entre o nivel de vida dos europeos e o dos africanos.
SENDO TODOS SERES HUMANOS:
Temos diferenzas: culturais, lingüísticas, relixiosas, políticas, económicas...
Non toda a infancia africana ten acceso á educación, a infancia europea, si.
As criaturas africanas xogan maiormente na rúa con xogos aeróbicos en plena natureza; a infancia europea xa se pasou ós xogos electrónicos, anaeróbicos e a distancia.
A infancia europea é unha privilexiada con relación á africana.
PERO NO TOCANTE Ó NIVEL DE FELICIDADE:
¿É moito máis feliz a infancia europea que a africana?
As criaturas africanas xogan, bailan, rin, sempre están alegres e vense moi felices.
A infancia europea está feliz nas festas multitudinarias e outros eventos nos que se ve desbordada de regalos, lambetadas e festa.
Pero: ¿Vese máis feliz que a africana?
¿Fai máis amigos a largo prazo?
¿É máis solidaria a infancia europea que a africana?
A min paréceme que non.
¿POR QUÉ SERÁ?
Porque as criaturas africanas disfrutan e valoran o que que teñen: espazo, natureza, compañía ,necesidade e moita alegría.
Confórmanse, amáñanse co que teñen e viven felices.
¿FAI O MESMO A INFANCIA EUROPEA?
Non, porque:
Tendo alimentos en abundancia: se algo non lle gusta, pode tiralo.
Desto falan moito as papeleiras dos colexios.
Tendo máis xoguetes dos necesarios, non lles dan valor.
Celebran festas multitudinarias, pero a veces abúrrense e outras traumatízanse por cousas insignificantes: o vicio.
NO TOCANTE Á VIDA ADULTA.
*EN ÁFRICA:
-As familias son numerosas, viven moitas persoas nunha mesma casa.
-Hai moita xente nova chea de vitalidade.
-A poboación amenta.
-Comen todos dunha mesma fonte e coas súas propias mans en moitas ocasións.
-As portas están abertas e se pasa alguén pode entrar sin pedir permiso e comparte o que hai.
-Os homes teñen varias mulleres porque a súa relixión llelo permite; pero saben organizarse.
-A economía familiar dá para sobrevivir escasamente.
*EN EUROPA:
-As familias numerosas escasean.
-A poboación está cada vez máis avellentada.
-Comemos en pratos individuais; pero somos menos solidarios.
-As portas están pechadas porque hai moita inseguridade.
-Os homes teñen unha soa muller (de que se saiba) e aínda asi...
Ben sabamo o que está pasando.
-A economía familiar, sendo insuficiente, é moi superior á africana.
No tocante á economía, vívese moito mellor en Europa que en África; pero...
¿QUÉ PASA NO TOCANTE Á FELICIDADE?
Que non hai esa diferencia porque o pobre confórmase e comparte o pouco que ten e o rico séntese insatisfeito por avaricia.
TAMPOCO FAI FALTA IR A ÁFRICA.
Entre nós, hai persoas felices co xusto e outras infelices que van sobradas.
A VERDADEIRA FELICIDADE É OUTRA COUSA BEN DIFERENTE:
-Quen vive en humildade, é feliz porque non busca superficialidades.
-Quen é agradecido/a, é feliz porque valora moito todo o que a vida lles dá.
-Quen aproveita os estudios, é feliz porque sabe que emprega adecuadamente a súa capacidade intelectual.
-Quen sabe administrarse, é feliz porque sabe aproveitar os seus recursos.
É moi importante a confomidade, disfrutando do que cadaquén é capaz de conseguir honradamente e tamén sentirse moi agradecido.
Conformes e agradecidos, si; pero cruzarse de brazos, non, porque tamén é moi humano o afán de superación coa moderación debida.
"AFÁN DE SUPERACIÓN"
Esta será o título do seuinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora