Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Esperanza

Santalla, Iago - miércoles, 18 de diciembre de 2024
Hoxe é o día da Esperanza e, máis alá do feito relixioso, convén recuncar no feito de que sempre abre raiolas de futuro. Esta rapaza verde vennos dicir que todo pode ser mellor, que todo pode mudar e que sempre paga a pena seguir para ver o que nos depara o futuro. Ao mesmo tempo a esperanza ábrelle camiños á creatividade e convídanos a procurar solucións que nos leven a campos novos nos que agromen novos xeitos de vivir.

A cor verde lémbranos tamén que todo está en nós e que todo o que soñamos é posible gracias a esa forza interna que nos convida a ser. A esperanza individual pódese volver colectiva e medrar sementando recursos nunha terra na que collamos todas e todos.
Grazas á esperanza, ante as ameazas poden florecer verbas, versos e músicas que unen en azos de mudar realidades.

Por todo isto hoxe e sempre eu teño a esperanza na Ulloa e na Arousa. Teño esperanza de que os meus devanceiros coñezan o paraíso e tamén de que sexan conscientes de que hai que protexelo. Como dixo Celso Emilio “nunca virá de fóra remedio ou esperanza”. Eu hoxe quero quedarme nunha mensaxe verde e chea de vida, por iso digo ULLOA SI, ULLA SI, AROUSA SI.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES