Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 11 de diciembre de 2024
A violencia xera violencia

A violencia xera violencia. E tanto que orixina. O outro día pegáronme unhas labazadas e, de paspán, quixen predicar o de Xesucristo de que cando che dan nunha meixela que poñas a outra. Tal cal. Fun xunto ós tipiños e pegáronme unha malleira do carallo. En vez de compadecerse de min... máis violencia.
Pingas de Orballo Agora estou estudando a posibilidade de devolver eu tamén violencia, que a palabra dese señor xa non me convence moito. En principio, estou a prepararme coma se fose o Rocky molgués, a base de carreiras e adestramentos polos montes de Pinouzos e polo Medo. Os carballos das Mestras fan de sacos de area para os meus puños que, a base de golpes, xa empezo a telos esfolados. Collo tan a peito a preparación que mesmo me tiro ós toxos para encalecer o corpo coas súas espiñas, coas súas picadas. Alguén pensará que é masoquismo puro e duro, pero cada vez estou máis no asunto de que van saber eses energúmenos como as gasto eu.
A violencia xera violencia. Xa non sei cantas varas aguilladas levo rotas a causa dos golpes contra xestas, salgueiros, piornos e todo obstáculo que se me pon por diante para descargar a rabia, a carraxe que levo dentro. Porque me doeron máis os actos, os feitos dos tipiños que a propia malleira. Non lles chegaba con zouparme a primeira vez?
Cando me sentín preparado achegueime a eles e solteilles outra carallada de Xesucristo: deixade que os nenos se acheguen a min. Outra malleira. Hai que ser parvos!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES