Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eu tamén quero ser o máis honorable!

miércoles, 10 de junio de 2009

O colmo do que pode escoitar un ser humano xa se dixo, á fin! Si, queridos amigos, ano 2009 na Praza de touros de Valencia. Alí un home, probablemente tamén honorable, referiuse a un compañeiro coma "o home máis honorable de España". Dende logo, semellante título honorífico de novo cuño ten a súa miga.

Algún de vostedes quizais podería explicarme porque o señor Camps (o máis honorable de todos os españois) se gañou un chanzo por enriba, ou uns metros de vantaxe, con respecto á carniceira do mercado, á mariscadora das rías galegas, ao fontaneiro que adoita vir ás nosas casas, ou ao inmigrante que se deixou a pel, e case a vida, para ser tan español coma nós. Como se mide tal honorabilidade?

Eu polo menos síntome ofendido, calquera destas persoas, vostede mesmo, ten dereito a estalo, quizais non co señor Camps, traxes e demais á parte, para iso está a Xustiza; pero si co honorable "compañeiro" que llo nomeou como un ser superior ao resto dos habitantes deste país. Teño moi claro por que o fixo, porque o deixamos, pero iso podemos cambialo, non debemos ou debemos facelo? Eu fareino, considéroo un exercicio libre e democrático, e a forma máis eficaz de resarcirme da ofensa que se lanza ao aire sen importar quen recolla a luva. A máis honorable de España, o máis honorable? É vostede, querida amiga; é vostede, querido amigo.


Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES