O amor dos cans
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 05 de diciembre de 2024
Escoitamos moitas veces aos donos dos cans dicir, o listo que é o seu can. Alegan que apenas lles din algo, calquera frase e o can enténdeos, "imos saír" e o can levántase e sabe que van saír; "vente para xunto de min", e o can vai para xunto del; "vouche dar a comida", e o can, xa lle da ao rabo e se dispón a comer. Pero no que tamén coinciden todos os que teñen cans, "é tan intelixente, que so lle falta falar".
Pero eu aquí faríame dúas preguntas, é o can o que non sabe falar, ou es ti o que non entendes ao can cando ladra?. Estamos preparados para entender o que un can quer dicir?. Non.
Sabemos que o can é feliz cando lle da ao rabo, pero segundo os expertos, os cans tamén lle dan ao rabo lentamente cando están cabreados. Por exemplo, cando un chega á casa e o can salta e brinca sobre do dono, ao parecer, e segundo os expertos, non é por que estea contento de verte de novo, se non, que é porque está cabreado, porque o deixaches so na casa.
Dicimos, que os cans queren ao dono aínda que este o maltrate, pero non nos decatamos, que posiblemente os cans sufran do síndrome de Estocolmo, síndrome que padecen a maioría dos seres humanos de cara aos seus secuestradores cando os secuestran ou por abuso sexual, escravitude, violencia de parella, membros de cultos ou terrorismo, etc., que as vítimas acaban como namorados dos opresores.
Por outra banda, debemos entender, que ese famoso "amor", que os cans teñen sobre dos donos, pode ser, que non sexa precisamente "amor", se non, compaixón. Claro, parécenos estraño que un animal se compadeza de nós, pero aplicando a propia opinión dos que teñen cans, de que son "intelixentísimos", pois que outra cousa podemos pensar?.
Dicir tamén, que aos fillos non nos dan a oportunidade de elixir a nosos pais, pero tamén, hai que recoñecer, que tampouco hai unha lei que seleccione ás persoas que poden ter un can como animal de compañía, e vendo o que se ve por aí, boa falta facía, que se puxera un control como fan cos nenos cando son adoptados, que miran e remiran quen van a ser os pais adoptivos. Pois o mesmo debería suceder cos que desexen adoptar un peludo e miralos ben con lupa, moitos estou seguro que non superarían a proba.
Ves cans polas rúas lambendo mexadas ou cagadas de outros cans coa súa lingua, e despois os papás e as mamás humanas, dándolles bicos na boca, arriscándose por "ese amor", a coller unha infección que os pode conducir á mesma morte, con desculpas tan absurdas, de que o seu cans está vacinado. Pois tamén estamos vacinados da gripe ou do Covid e podemos contaxiarnos igualmente.
Ter un can, non é ter un xoguete. Un can é un ser vivo, que hai que coidalo e gastar moitos cartos con el en darlle de comer, vacinalo, hixienizalo, telo legalmente rexistrado, saír con el cando a el lle pete, sacalo a pasear, a mexar e defecar, etc. A nova lei canina, di que non se pode deixar o can atado á porta dun comercio ou establecemento mentres o dono entra a mercar, pero visto o visto, a lei pásana por "alí" e seguen deixándoos atados ás portas. A lei di así:
"La ley fija sanciones que van de los 50 euros a los 200.000 euros, dependiendo de la gravedad de la infracción. Dejar al perro en la puerta de cualquier establecimiento puede suponer una multa de hasta 10.000 euros y, en casos de maltrato animal, las multas pueden ascender hasta los 200.000 euros".
Ter un can non é tan complicado, pois nas protectoras están desexando que os adopten, pero a ilusión de ter un can, ese animal fiel, ese amigo da alma, ten a súa propia vida e esa vida depende so e en exclusiva do dono do can.
Fai pouco comentáronme de certa familia que tiñan un can e o animal tivo que ser operado e así se fixo, pasou polo quirófano da clínica veterinaria de un concello da Mariña. Claro está, cando lle pasaron a factura aos donos do can, entroulles diarrea, pois a minuta superaba os 3.000 euros (medio millón das antigas pesetas), pero claro, así é, e se non che gusta, con non ter can, problema resolto.
Claro, é máis fácil abandonado que gastar 3.000 euros con el, pero a pregunta sería, ti cres que o can te abandonaría a ti dese xeito?. Tamén está máis que claro, que un can xamais saberá o que son 3.000 euros e nin sequera o que che custa ao ano o que lle das de comer.
Levalo ao veterinario, darlle de comer, pasealo cando a el lle da a gana, sacalo a mexar e poñer perdidas de mexos as esquinas de comercios e edificios, sacalo a defecar e recoller as cagadas (os que as recollen), chova, xee, vente ou neve e de por riba, acaricialo, bañalo, mimalo, darlle amor, etc., total para que brinque ao teu capricho e faga catro cousiñas, que ti lle amosas como sinal de que o dominas, sen decatarte de que o dominado es ti por el.

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)