Imos na mesma barca
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 05 de diciembre de 2024
- Todos temos unha mesma orixe.
- Todos temos unha casa común.
- Todos estamos aquí de paso.
- Ninguén sabe cando tempo vai vivir.
- Todos dependemos de todos.
E aínda así...
- Pensamos que somos superiores ós outros.
- Pasamos a vida acaparando riquezas perecedeiras.
- Cometemos adulterios.
- Creamos enemistades...
¿CANDO APRENDEREMOS?
- Que todos nacemos da mesma maneira: sexa nun hospital, nunha casa, nun taxi, nunha lancha o na rúa.
- Que todos recibimos a vida regalada.
- Que deberíamos agradecela e respectala.
- Que se nos regala para que a disfrutemos compartíndoa cos demais.
- Que todos compartimos unha casa común, independientemente que vivamos nun pazo, nunha casa humilde ou nunha choza.
A casa común de todos é a nai natureza.
- Que calquera día temos que marchar e non levaremos máis que o amor que deixemos no corazón das persoas que encontramos no camiño da vida.
- Que ninguén sabe se chegará a mañá.
- Que o mellor día da nosa vida é hoxe. Porque onte xa pasou e mañá non sabemos se estaremos para poder disfrutalo.
- Que ninguén se amaña por si só e nunca saberemos quen nos pode auxiliar en caso dunha emerxencia.
¿POR QUÉ?
- ¿POR QUÉ CREAMOS INIMIGOS SE O QUE PRECISAMOS SON AMIGOS?
Poñemos reparos por insignificanicias.
Dámos demasiado valor a cousas das que poderíamos prescindir tranquilamente e preferimos enturbiar unha boa relación cun veciño ou cun parente, cando a paz non ten prezo.
¿CONSIDERAMOS UNHA COUSA MÁIS IMPORTANTE QUE UNHA PERSOA?
Certo que as cousas teñen a súa importancia; pero se sopesamos as cousas coas persoas, non teñen punto de comparación.
Con tódolos defectos que poidamos ter, os humanos somos os seres superiores da Creación.
¿SOMOS SUPERIORES, INFERIOROES OUS DIFERENTES ÓS OUTROS?
Unhas persoas teñen máis escola que outras e eso nótase.
Unhas persoa teñen máis cartos que outras e eso tamén se nota.
Unhas persoas teñen máis intelixencia que outras e eso tamén sobresae.
Unhas persoas teñen mellor corazón que outras e eso é o mellor de todo.
Unhas persoas teñen talento para a músca e outros para as manualidades, unhas para as ciencias e outras para as letras, unhas para a vida consagrada e otras son laicas exemplares.
Convén que haxa de todo para complementarnos e por eso mesmo somos diferentes.
¿É MÁIS RICO O QUE MÁIS TEN?
Aínda que a primeira vista parece que sí, o certo é que non ten que ser necesariamente así.
Ter o necesario para vivir con dignidade é importante e se se ten máis do que fai falta, tampoco pasa nada se o sabemos administrar.
O ter non está reñido co ser.
Pódese ser rico e máis boa persoa ó mesmo tempo; pero tamén se pode ser pobre e unha persoa excelente.
O de ser boa persoa está por encima de todo porque do que se trata é de que cadaquén administre ben os talentos que lle deron e a sorte que ten na vida. Ter sorte axuda en tódolos casos.
¿É MÁIS FELIZ A PERSOA ADÚLTERA QUE A CASTA?
Ó que practica o adulterio pode parecerlle que ir de flor en flor para ver cal á a mellor, pode ser a mellor das opcións posibles.
De feito, hoxe en día, moitas persoas elixen esa fórmula; pero os resultados saltan a vista:
- Destrozan moitas familias, incluida a súa propia.
- Causan moita dor e incertidume, sobre todo nas criaturas.
- Rompen o equilibrio social, creando unha sociedade revolta.
- E a fin de contas non encontran a persoa perfecta porque non existe.
Incluso as rosas máis bonitas teñen espiñas.
¡Felices as persoas que saben valorar e amar a persoa que elixiron para compartir a súa vida!
¡Bendita castidade!
"FELIZ O QUE SE CONFORMA CO QUE TEN"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora