Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As embaixadas da Xunta

miércoles, 10 de junio de 2009
Aínda que as relación exteriores -como outras competencias reservadas polo Estado- corresponden ó Goberno central e non ás comunidades autónomas do Estado español, de feito as autonomías van establecendo delegacións ou oficinas de representación en diversos lugares do exterior como un primeiro paso para unhas relacións máis completas e diferenciadas.

A Generalitat de Catalunya camiña firme neste rumbo de relación exterior, pero tamén Galicia conta con representacións lonxanas para contribuir a mellorar as relacións da comunidade con gobernos e entidades, e axudar á mellor representación dos galegos do exterior.

A máis simbólica pode resultar a Casa de Galicia en Madrid, na actualidade resida por José Ramón Ónega, que na nova do seu nomeamento foi presentado tamén como Delegado da Xunta de Galicia en Madrid.

O que estes días está no ollo do furacán é a legación -ou como mínimo delegación- da Xunta en Buenos Aires, creada polo anterior goberno bipartito, da que nos enteramos agora que tiña uns costes de máis de corenta mil euros mensuais por aluguer de local e gastos de comunidade.

Parece un despropósito un gasto así, e sendo discutible a solución, non pode parecer mal que o actual goberno da Xunta trasladase as oficinas desta delegación ó Centro Galicia, a maior asociación de galegos na capital arxentina.

Ten que haber outra forma de estar representados no exterior que non resulte tan onerosa, porque os galegos merecen estar atendidos pero dun xeito soportable economicamente, que pouco ten que ver a desmesura coa dignidade dos representados e dos atendidos cun gasto manifestamente desproporcionado.

A Xunta de Galicia pode e debe abrir oficinas no exterior, co rango que a Constitución e o Estatuto de Autonomía o permitan, pero haberá que dialogar coas institucións correspondentes, establecer convenios, axustar gastos, de maneira que os custos da infraestructura de representación non resulten máis elevados que os da axuda que ós galegos do exterior se lles poida prestar.

A existencia de tantos galegos na diáspora -tancos quizais como os que vivimos na Galicia fisterrá- merece atención. Pero comedida. Con medida.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES