Ler cos pés
Santalla, Iago - miércoles, 11 de diciembre de 2024
Cantaba Quintín Cabrera aquilo de "las ciudades son libros que se leen con los pies". Certamente, viaxar dá unha cultura inmensa alén das satisfaccións persoais que proporcionan coñecer novos ambientes e novos xeitos de vida. Ademais viaxar é un bo antídoto contra tendencias etnocentristas ou xenófobas e, dende logo, é a mellor rella para abrir a mente, a alma e o corazón á condición diversa que define a humanidade.
As persoas que viaxaron moito, acumulan experiencias moi interesantes pero ademais, destacan pola humildade coa que transmiten esas experiencias. Isto lévanos a pensar que Quintín Cabrera tiña razón e que sería necesario que todas as persoas tiveramos a oportunidade de ler cos pés. Isto, quizais contribuiría a fomentar a tolerancia facéndoa carne para que habite entre nós.
Dende algunha ideoloxía, díxose que "el nacionalismo se cura viajando". Non estando de acordo coa intencionalidade, creo que viaxar tamén cura e pon freo a xenofobia, supremacismo e a certo colonialismo mesiánico que pensa que salvou ao mundo.
Todos deberíamos aprender a ler cos pés e ter a oportunidade de facelo a miúdo aínda que debo confesar que eu máis que ler cos pés leo coas catro rodas da miña cadeira.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora