Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 05 de diciembre de 2024
Máis fío ó nobelo

Só sei que non sei nada. É un dicir do Sócrates aquel. Eu, saber sei cousas, pero non as digo. Non teño por que. Ademais, se as dixera, xa saberiades tanto coma min. Ou máis. Porque cando un sabe de algo e o conta, sempre se engade algo máis a maiores. E a conversa, entre conto e conto, non tarda en converterse en nobelo que aumenta e aumenta.
Pingas de Orballo Aquelas que digo, que conto son para vós intranscendentes, aínda que, para min, teñan un significado, un sentido. Sei que cando o río soa é porque auga leva. Certo. Pero coa auga vai ti saber o que vai, o que afunde, o que aboia. A maiores das troitas que van de pé polo río abaixo, corre que te corre detrás de certos anfibios que se acochan entre as raíces dos amieiros. Aí, mesmo a conversa pode afogar.
Sei que no barullo máis infernal pode haber un anaquiño de silencio, como tamén sei que na máis noxenta esterqueira seguro que hai algunha flor de toxo que resplandece, que reloce coa súa cor amarela. Sei que hai matrículas de coches que identifican, sen ver, ó dono do mesmo e, desde a distancia, podes moi facilmente mandarlle un saúdo cheo de agarimo.
Non digo que a penumbra sexa o refuxio das almas en pena, porque saltaredes con que a claridade será o bambán do espírito da braveza. Sabendo moi ben, iso si, que certas covardías alcanzan a éxtase nunha, por exemplo, noite pecha. Só sei que non sei nada. Aínda que, ó final, acabe dicindo todo. Xa se sabe que do dito ó feito, vai un treito. Agora, cada un, que lle meta máis fío ó nobelo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES