Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Oda a Mero, fillo adoptivo de Mesía

Timiraos, Ricardo - miércoles, 04 de diciembre de 2024
¡Qué fermosa é Mesía!
¡Qué sabia a decisión!
De facer dun tolo un Fillo,
dun trovador, un señor.

Qué se canta o carro na Chaira,
iste Mero é o trovador.

E hoxe descubre o mundo
a maxia diste home sembrador,
que fai da Fala unha loita,
e da vida unha cantiga de amor.

Eche o Mero o seu cantor.

Verán que se a súa ialma canta
é porque agocha o dolor
da Terra que suda e sacha,
dista vida sempre orfa do amor.

Sempre eche o Mero o profesor.

Que cante o carro na malla,
sempre de penas cheiño...
e, se o agota o cansancio,
que lle axude o seu veciño.

Que Mero sementou seus soños
entre nenas e neniños.

Que se o carro canta na Chaira
no eixo leva un dolor,
e Mero, coa súa guitarra,
ponlle solfa e unha flor.

Deixádeme dicirlle a Mero
niste anaco de papel
que quen a nosa Fala aldraxa
debe recordar a Babel.

A soberbia é moi cativa
e iso ben o sabe él.

A nosa Fala é garimosa,
co sabor do leite e pan,
tamén sabe a auguiña fresca
fixoa Deus polo nadal.

Que se moi dulce é a palabra
é porque é feita de calar.

É dolce, tenra, fermosa,
é a cerna do noso seo,
é retranqueira e graciosa,
évos un cachiño do ceo.

Soave coma unha rosa,
l de pel fina e lá de niño,
tanto é de verso ou prosa
sempre chea de agarimo.

E de sobra ben sabido,
que de Deus é a escollida
para amosa-lo camiño
do amor para outra vida.

E non dudes, Mero xa,
se vai a ser esquecida
a beleza que Ela agocha
sempre é nai de nova vida.

Aínda quedamos xentes
que sabemos que é querida
e se a pian os paxaros,
se a falaban os antergos,
se a cantou o teu carro,
se a viven os labregos,
se é a voz dos mariñeiros,
se se bebe nos regatos,
se é a luz dos obreiros,
se aínda a fugan os gatos...

¿Quén carallo a vai vencer?
¿O inglés?
Iso é money e very guel.
¿digocho outra vez?
Para o galego, ises cartos son papel.

¡Deixa que o carro cante!
Que se un mero é un peixe que canta
¿quén ha de poder con él?

Festa no Concello de Mesía, 3 de decembro de 2024, co gallo do nomeamento de Mero (Baldomero Iglesias Dobarrio) como Fillo adoptivo da Vila.

Ricardo Timiraos Castro. Colmenar Viejo, 13 decembro de 2024.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES