Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contrarrestando os males da sociedade

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 02 de diciembre de 2024
Sempre digo que o tempo pasa e todo cambia. Unhas veces si e outras non. A guerra de Ucraína e a de Oriente Medio seguen aí, pero tamén cambiaron en algo; que de Guatemala pasaron a Guatepeor. Na de Ucraína asoman mísiles que poden transformar o curso deste noso planeta se non temos sentidiño. E cada vez temos menos. En Oriente Medio case se pode dicir que non tivemos tempo de saber dun alto o fogo porque, ó segundo día, seica xa se escarallou tal pacto, tal acordo.

Como tampouco cambia e non cambia a política. Non cambia porque a política sempre foi moi podre, e cambia porque cada vez está máis podrecida, máis manida. Ultimamente, no noso país, a política vai máis alá dese mal cheiro. Precisamente o outro día vin unha película onde un personaxe lle nomeaba a outro varios males da sociedade (guerras, fame, políticos, furacáns, terremotos, accidentes, desastres, políticos...). Aquí foi cando o personaxe que escoitaba o interrompeu para dicirlle que xa dixera os políticos, que os repetira. Xa sei, contestoulle aquel, pero é que estes son dobremente malos, ou sexa, peores.
Contrarrestando os males da sociedade
Claro que, para neutralizar estas calamidades, para contrarrestar estes males, que mellor ocasión que facelo con música. Hoxe fai exactamente 41 anos (o 2 de decembro de 1983) que en Estados Unidos, o cantante Michael Jackson estreou o videoclip da canción "Thriller", que pertencía ó álbum homónimo. Logrou tal impacto a nivel mundial que no ano 2009 o Congreso dese país declarouno patrimonio histórico.

"Michael Jackson's Thriller" é unha curtametraxe de 14 minutos dirixida por John Landis, o director que realizara a marabillosa "Un home lobo americano en Londres" (1981), que, precisamente, cando a viu o rei do pop, deulle a idea de transformarse en monstro. A curtametraxe tamén funciona como vídeo musical para a canción "Thriller".

A filmación realizouse en Os Ánxeles e participaron nela un grupo de bailaríns que acompañaron a Jackson nunha coreografía creada coa axuda de Michael Peters, mentres que a maquillaxe e os efectos especiais estiveron a cargo do artista Rick Baker. O vídeo converteu a "Thriller" no álbum máis vendido de todos os tempos. Fálase de 70 millóns de copias. A verdade é que escoitando e vendo este videoclip, esquécese un por completo dos males que mencionaba ó principio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES