Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contratos de interinidade

martes, 09 de junio de 2009
As cesantías do século XIX teñen cambiado co paso do tempo pero non tanto como pudiéramos estimar. Cada cambio de goberno traer consigo un maremoto controlado que vai desde as alturas da cresta da ola ós fondos do mar laboral, arrastrando consigo a todos os que obtiveron un posto de traballo -de maior ou menor relumbrón- gracias ó seu credo e exercizo político.

O recente cambio na gobernación de Galicia, provocou un tsunami non menor do previsible, do que aínda estamos coñecendo resultados en cargos intermedios.

E mentras o lóxico é que os que están se vaian en silencio e os que cheguen o fagan con dignidade e mesura, hai algúns exemplos que desentonan. Tal é o caso do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, o nacionalista Pérez Castrillo, que debera levar máis dun mes fóra do seu posto e evitarse notas de prensa e dar a nota con cuestións como se debe ser indemnizado nunha ou noutra cantidade, e se a súa xestión ten ou non lagoas.

O tema houbera pasado sen pena nin gloria, afogando os problemas nun mar de silencio como adoita calquera administración que muda de pel, pero neste caso o problema enquistouse e acaba en destitución do político metido a xerente que se vai con só unha indemnización de 7.200 euros brutos, por aplicar o coeficiente de 1,18 sobre o soldo de 4.500€ mensuais que viña percibindo.

As interinidades son así. Cambia o titular e con el todos os que o acompañaron no triunfo. Quen non saiba entendelo así é que non sabe en que mundo vive, aínda que del se beneficie de xeito abondoso.

Nestes casos, o mellor é o silencio, e por el optan a maioría dos afectados que saben cando os tempos veñen mal dados e hai que optar por agardar que cambie o aire. As interinidades son así: en canto ven o propietario, aínda que tamén resulte ser interino, o que estaba ocupando o posto en precario ten que saír correndo. E a ser posible, en silencio. Pero non todos saben facelo.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES