Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (53)

Otero Canto, Xosé - viernes, 06 de diciembre de 2024
Onde saían os atracadores? Da Feira de Moeche

Outro día tamén fomos a muller e mais eu á feira a Moeche, que está aló por debaixo do pobo, celébrase Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (53) dentro de dúas naves grandes, nunha está a feira de vacas e noutra a das bestas.

Entramos a muller e mais eu na nave das vacas o día 14 ou o 29 do ano 1.967 aproximadamente e veu a xunto nosa un señor de Martiñán, que está perto a Gontán e díxonos:

- Déixame unhas 100.000 pesetas porque agora mesmo me roubaron 150.000 que traía no peto do pantalón.

O señor que me pediu os cartos era un tratante moi coñecido en Martiñán. Voume eu e botei man á carteira e deille o que me pediu porque o home fixera varias compras e necesitaba os cartos para facer os seus pagos correspondentes.

Suponse que foran os da camarilla do Alto do Castaño, dos que xa falamos.

Aos poucos días, vímonos noutra feira e devolveume as cen mil pesetas que lle emprestara.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES