Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 03 de diciembre de 2024
Dunha aira á outra

Son o Secundino da Aira de Arriba, que non tardarei en marchar para a Aira do Medio. Non marcho a vivir, senón a dar unha volta. Levo tempo sen saír do meu barrio. E quero mirar se o resto da vila de Baños de Molgas cambiou en algo. Porque o tempo ese que levo sen saír é, exactamente, de 27 anos, os mesmos que, por exemplo, Nelson Mandela estivo nun cubil chamado cárcere. Dixen o de Mandela para que vexades que son algo instruído. Só algo. Se fora moito, xa sería un tipo listo, culto e mesmo intelixente. Non, non chego a tanto.
Pingas de Orballo Non chego a tanto porque, ás veces, estou a velas vir durante un bo tempo. E, claro, ese tempo que perdo, se o empregase para outros mesteres, seguro que era máis letrado do que son. Aínda que, Forrest Gump parecía parvo e mirade que cousas conseguiu. Tamén Donald Trump semella un esperpento de si mesmo e aí o tedes, presidente da que din que é a nación máis poderosa do mundo. Pois iso, algunhas veces as cousas non son como parecen.
Tanta parola, tanta parola e case deixo de dicir que tan só me quedan uns pasos para chegar á Aira do Medio. Pola rúa principal do casco vello da vila todo está, máis ou menos (tellado arranxado, muro levantado, canastros tirados, cancelas cambiadas), como hai 27 anos. Vese que non sempre o tempo pasa e todo cambia.
Cando saín da Aira do Medio quixen botarlle unha ollada á Canella, que sempre me trae bos recordos. Alí estaba, toda guapiña e coqueta. Chegoume cunha ollada tenra e eterna para saber que non tardaría en meterme nela e cruzala enteira.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES