Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O verdadeiro odio

Santalla, Iago - miércoles, 04 de diciembre de 2024
O xuízo polo asasinato de Samuel Luiz fíxome pensar en que é o odio. O odio maniféstase en feitos que o que procuran é borrar dun determinado espazo a unha persoa, grupo ou idea para silencialo de raíz. Entón, só pode haber odio cando hai unha intención clara de aniquilar. Esta intención pode ir na verba ou no feito pero non podemos estender o odio a aqueles feitos que simplemente procuran a crítica ou, incluso, unha certa burla.

O odio é querer que desapareza aquilo que non vai cos teus valores, que non che regala o oído, que non ara por onde ti queres. Polo tanto, odio é homofobia, xenofobia e todo o que leva a silenciar a diferenza. Polo tanto, tamén, nada hai de odio en pensar diferente ou en utilizar o humor para desdramatizar a realidade.

O verdadeiro odio quérenos uniformes e uniformados no pensamento único onde só cabe un xeito de ser. Quizais, o único odio lexítimo sexa odiar o propio odio porque nel vén o maior castrador da liberdade, a negrura das ditaduras fronte ás cores da diversidade. Ogallá, nunca máis teñamos que vivir na crueldade deste odio.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES