Somos seres en relación
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 28 de noviembre de 2024
Somos seres sociables por natureza.
Sen os demais non somos nada.
Todos somos fillos de...
Da familia de...
Do lugar de...
Cando nos presentamos a alguén dicimos o noso nome e a continuación...
De onde somos, que facemos
É a maneira que temos de entrar en relación con outras persoas.
A vida regálasenos; pero o resto da nosa biogrfía ímola escribindo en relación con outras persoas.
En primeiro lugar cos nosos proxenitores, a continuación cos familiares, cos mestres que nos abriron os ollos ó coñecemento, cos compañeiros de estudios, cos amigos que fomos encontrando, cos compañeiros de traballo, coas autoridades, coa sociedade en xeral...
DEBEMOS MOITO AGRADECEMENTO.
En primeiro lugar ó Dono da vida que tanto vale para crentes como para ateos; a fin de contas o dono da vida é o mesmo independientemente de que o ignoremos ou non.
Para os crentes a vida é sagrada desde o momento da concepción ata a chegada á Orixe, que chamamos a Casa do Pai.
Os crentes recoñecemos un Pai-Nai que nos regala a vida e nos acompaña sempre, nesta vida e máis na outra.
E tamén recoñecemos en tódalos humanos a seres creados a imaxe e semellanza de Deus, ós que debemos respectar porque son irmáns na fe e templos do Espírito Santo.
Afortunadamente, cando temos un problema, sempre temos en quen confiar aínda que a ciencia non nos dea a solución.
Tamén debemos moito agradecemento ás restantes persoas porque dun xeito ou doutro todos dependemos de todos.
E como non... ¡á nai natureza que é a nosa casa común!
Pero hoxe en día temos algo esquecidos eses deberes porque como dispoñemos de tantos adiantos e somos tan entendidos...
Pero non tódolos adiantos son a panacea que dá solución a todo.
CREÁMONOS MOITOS ÍDOLOS
-O ídolo poder.
-O ídolo capital
-O ídolo materialismo.
-O ídolos consumismo
-O ídolo droga.
-O ídolo...
SE O PODER TIVERA REMEDIO PARA TODO:
A persoas que o exercen serían felices e perfectas; pero a realidade dinos que teñen tantos problemas como os outros e que de perfectos tampouco teñen moito por moi traxeados e condecorados que vaian.
SE O CAPITAL SOLUCIONARA TODO:
Os ricos comprarían de todo, alimento para o corpo, alimento para a alma, COMPRARÍAN A FELICIDADE PLENA.
Pero con cartos pódense comprar alimentos parao corpo; pero non se pode comprar a dixestión, nin a respiración, nin a circulación sanguínea, ni todas esas funcións que tan maxistralmente realiza o noso organismo.
Con cartos pódese pagar un bo asesor espiritual; pero a nosa alma necesita o Pan de Vida que só Deus pode dar a quen se acerca a Él.
SE CONSUMIMOS POR CONSUMIR E TER MÁIS QUE OS OUTROS:
O único que conseguimos é escravizarnos para conseguir cantos máis bens mellor, almacenar excesos cando o aconsellable sería consumir con prudencia e moderación e compartir cos que teñen menos que nós.
SE NOS APEGAMOS Ó MATERIALISMO:
O que conseguimos é aferrarnos á materia ó prezo que sexa, aínda que teñamos que extorsionar ós outros, creando inimigos para ter que deixar todo cando menos o esperemos porque ninguén sabe con certeza cando lle van pedir contas da vida.
XENTE SEN ESCRÚLULOS NEGOCIA COA DROGA, ofrecendo unha pseudofelicidade á xente nova, principalmente.
Arruina a economía de moitas familias e a vida de quen ten a desgraza de engancharse nela.
En fin...
Con certa frecuencia esquecémonos que SOMOS SERES EN RELACIÓN e que todos debemos contribuir ó benestar global porque TODOS SOMOS SERES HUMANOS QUE O ÚNICO QUE NECESITAMOS É AMOR E COMPRENSIÓN PORQUE:
Temos a mesma orixe.
Temos unha casa común.
A todos se nos pedirán contas dos talentos que se nos regalaron.
E todos imos na mesma barca.
"IMOS NA MESMA BARCA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora