Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Arredor do Nadal, en Begonte

Xiz, Xulio - domingo, 01 de diciembre de 2024
Arredor do Nadal, en Begonte Hai máis de tres décadas que demos en facer anualmente cadanseu libriño co título de 'O NADAL', no que viñemos recollendo os traballos premiados nos Certames de poesía e xornalismo convocados por este Centro Cultural, para espallar e gardar memoria de especiais creacións que van conformando un corpus literario arredor -ou como base- do Nadal en Begonte, que tivo a primeira expresión no Belén creado en decembro de 1972 por José Domínguez Guizán e José Rodríguez Varela.

Se a nosa historia supera o medio século, temos a sensación de estar recomenzando, reafirmando, impulsando o labor de tanta xente, de tanto tempo, emprendendo accións de futuro que honren o xa conseguido, que nos afiancen de cara ao futuro.

Aválannos a devoción dun pobo, infinidade de amigos que nos visitan, a ilusión dos nenos, a compracencia dos maiores, a satisfacción de todos... O noso Belén está declarado "de interese turístico galego", un gran mural "fala" de nós á beira da N-VI, e en cada parroquia do Concello unha talla de César Lorenzana orienta cara á sede do Belén aos camiñantes... E abrimos de novo as portas a todos os que queiran ver un Belén inocente, para nenos, para maiores que queiran facerse nenos, para os que saiban ver o que hai "detrás" dunhas figuras en movemento que pretenden que non se esqueza a tradición do Nadal, que se reproduza a vida nunha aldea da Terra Chá doutrora, para os que queiran saber por que o nome deste pobo é xa o de "Begonte do Belén".

Un ano máis, e van 53, volve ser verdade o poema de X.X. Piñeiro Cochón, que se admiraba:

E a quen se lle conte:
de novo en Begonte,
armouse o Belén.

Temos unha obriga moral, un dereito especial e unha devoción inconmensurable por facelo, xa que nos sentimos gozosos habitantes dun pobo que todos coñecedes como BEGONTE DO BELÉN.

Benvidos todos, benvidas todas, ao voso Belén, á vosa casa, un ano máis, e sempre!

Xulio Xiz
Presidente do Centro Cultural José Domínguez Guizán
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES