Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A UNED Senior no Centro Arqueolóxico de San Roque en Lugo

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - lunes, 25 de noviembre de 2024
A UNED Senior no Centro Arqueolóxico de San Roque en Lugo
Hoxe de novo achegámonos a Lugo, esta vez ao Centro arqueolóxico de San Roque. Neste edificio de nova creación atópanse in situ restos dunha das necrópoles da cidade romana Lucus Augusti.

A necrópole, datada entre os séculos I e V, estaba situada a carón da Vía XIX, no exterior da cidade e A UNED Senior no Centro Arqueolóxico de San Roque en Lugo permaneceu fóra cando se construiu a muralla.

Consérvanse un estanque, un forno de cerámica e diversos obxectos funerarios. Ademais pódense apreciar reproducións de enterramentos.

A guía explicounos que se supón que o estanque tiña funcións rituais funerarias. Os relevos polos que circulaba a auga fan pensar nunha influencia oriental. No momento no que perdeu esta función pasou a servir aos usuarios da Vía XIX.

Do forno cerámico consérvase a parte baixa, na que se facía o lume, e as bóvedas que soportaban o seguinte nivel, onde se colocaban as pezas para cocer. A carón do forno apareceron restos de tellas e outros elementos empregados na construción.

Moi próximo ao forno observamos o resto dunha tumba de séculos anteriores a este.

Finalmente puidemos apreciar reproducións de enterramentos, tanto de incineración coma de inhumación, acompañados de restos orixinais de enxoval funerario.
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES