Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Superando obstáculos

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 21 de noviembre de 2024
Se ben a vida é unha carreira de obstáculos; a mesma vida leva intrínsecas as forzas necesarias para superalos.
Cómpre levala con entusiasmo porque é o mellor regalo que recibimos.
A VIDA OFRÉCENOS MOITAS SATISFACCIÓNS
-O cariño da familia:
Dormirse no regazo dun ser querido, traballar unidos, festexar os logros acadados, amar e ser amados, comparir vivencias...
-As vivencias compartidas:
No seo do fogar, entre amigos, co vecindario, nas celebracións comunitarias, cos compañeiros do traballo…
-Os logros acadados:
-Cando avanzamos nos estudios.
-Cando conseguimos a graduación correspondente.
-Cando aprobamos o carné de conducir.
-Cando conseguimos aquel posto de traballo que tanto esperábamos.
-Cando temos o primeiro coche ou a primeira moto.
-Cando nos enamoramos.
-Cando conseguimos autonomía económica.
-Cando formamos unha familia.
-Cando chegamos a ter casa propia.
-As celebracións familiares.
-Polo nacemento dun novo membro da familia.
-Polo bautizo na caso dos crentes para incorporalo á Igrexa.
-Pola primeira comunión como alimento do pan de vida.
-Polo casamento civil ou canónico.
-Polos aniversarios como celebración dun ano máis de vida compartida.
-Polas festas patronais con toda a familia entorno á mesa.
-As graducacións académicas:
Que noutros tempos só se facían cando se rematabaa unha carreira; pero hoxe en día celébrase a primaria, a secundaria, o bacharelato e tamén a universidade.
Non hai nada de malo en celebrar o progreso académico.
-Os xogos da infancia.
Noutros tempos as criaturas xogaban ó aire libre tanto no medio rural como nas ciudades.
Os xogos eran en equipo: ó escondite, á pilla, á pita cega, a un dos tres, a Martín Pirulicio, á rueda rueda, á corda e otros moitos.
Hoxe en día predominan os xogos sedentarios con "maquinitas".
-Os amigos de toda a vida.
No noso camiñar ímonos encontrando con persoas coas que nos sentimos moi arroupados e compartimos con elas ese tesouro tan maravilloso chamado: amistade.
-As festas comunitarias.
Que sobrepasan os límites familiares.
Non son tan íntimas; pero favorecen as relacións con persoas do contorno.
-O traballo da nosa vocación.
É unha das maneiras maravillosas de realizarnos como persoas, ofrecendo os nosos servizos á comunidade.
Cos compañeiros de traballo pasamos unha boa parte da vida.
A veces hai compañeiros que se fan amigos.
As amistades son a "familia" que eliximos.
-A nosa realización persoal.
Cada persoa según o seu estado civil.
Hai soteiros que viven unha vida moi feliz e enriquecedora.
Hai casados que se entregan en corpo e alma á familia.
Hai viúvos que aceptan a súa situación e son felices.
Os de vida consagrada fan unha opción de vida entregada a Deus e ós irmáns: no sacerdocio, en colexios, en hospiatis, en residencias xeriátricas, en misións ou en vida contemplativa.
Cada persoa realízase según a vai levando a vida.
-Sentirnos membros dunha comunidade.
Todos precisamos pertencer a unha comunidade, incluso os ermitaños e anacoretas.
O sentimento de pertenza a unha comunidade é o sinal da nosa identidade.
Fainos sentir vivos.
Sen os outros non seríamos ninguén.
"SOMOS SERES EN RELACIÓN"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES