Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Castelao, primeiro presidente

miércoles, 27 de noviembre de 2024
A semana pasada Castelao foi declarado primeiro presidente de Galiza. Un acto de xustiza a quen deu todo por unha terra da que tivo que fuxir para non padecer as poutas do feixismo. A Castelao o golpe colleuno a piques de entregar o Estatuto en Madrid, dende alí fuxiu a Badajoz onde empezou a escribir o "Sempre en Galiza", finalmente, acabou en Bos Aires. Alí, como diría Darío Xohan Cabana tratou de erguer un exército que endexamais loitou. Finalmente, en Bos Aires, deu o último alento e agardou a que os tempos foran chegados para que o seu pobo ordenara o regreso sobre o seu exemplo luz de memoria.

Agora, tantos anos despois, recoñéceselle como primeiro presidente. É unha ledicia que a referencia primeira do galeguismo sexa recoñecida deste xeito. Dalgunha maneira, vólvenos a unha comuñón cos que loitaron pola liberdade que hoxe temos. Non en tanto, hai que recordar noxentas demagoxias que se verten sobre Castelao. Unha das que máis me cabrea é a de "racista" que verten os mesmos e as mesmas que queren deixar os/as menores non acompañadas á deriva total. Por certo, os mesmos que logo se rachan as vestiduras contra o aborto. Imbéciles e escuros cos que levamos toda a vida en loita.

Contra eles, temos que erguer un Castelao nobre, diverso e cheo de valores; un Castelao non construído, senón lido e emerxido dos seus propios textos e erguido como un exemplo de liberdade. Iso é o que foi Castelao: liberdade real, liberdade para as persoas e non para o capital que as escraviza. Por iso, Castelao está onde está e, por iso, Galicia sempre ordenará por amor e por dignidade a súa memoria.

Saúde ao noso primeiro presidente.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES