Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Votar en Europa

viernes, 05 de junio de 2009
Tantos anos agardando ser europeos para agora non facer caso das máis importantes chamadas de Europa!.

Eso de ser europeos aínda non o temos verdadeiramente asimilado, e no momento en que nos chaman a participar como é a cita deste domingo para elixir representantes nas institucións europeos, xa non resulta unha resposta como a de “non sabe, non contesta”, senón que a que aparece é a de “non interesa”.

Ata a mesma eurocámara manifesta a súa preocupación pola despreocupación dos votantes que se ven poñendo de manifesto a cada ocasión de votar. Do 61,99% de votación en 1979 foise pasando, de fracaso en fracaso, ata chegar ó 45,47% na última cita electoral. O que vai pasar o próximo domingo pode ser o punto de inflexión dunha corrente de escepticismo político ou a rampa final de caida libre.

Os políticos nesto teñen moito que dicir. E o que sexa unha lista única tamén. Porque as eleccións municipais e autonómicas, pola inmediatez, polos asuntos ós que afectan, pola cercanía dos candidatos, teñen un poderoso atractivo ó que non podemos, non queremos nin debernos substraernos. As eleccións nacionais, mandando a Madrid ós nosos representantes e perdéndoos de vista durante un tempo xa son algo máis distante. Xa non digamos enviar representantes ó Parlamento europeo, que moitas veces non coñecemos, non vimos nin veremos, nin saberemos o que fan ata a próxima confrontación electoral.

E sen embargo estamos aí, en Europa, para ben ou para mal, con representantes propios ós que temos que votar para que defendas as nosas ideas. Aínda que nos pareza que están moi lonxe físicamente e nas realidades, aínda que coidemos que Europa non pensa en nós. Non o parecerá, pero somos Europa. E hai que participar nela.

O domingo hai que votar, por nós, polas nosas xentes, por Europa, porque si. Porque se non votamos nós, estamos votando contra nós. E se nos parece que agora participamos pouco, representamos pouco, se non votamos imos participar e representar aínda menos.

Votamos por Europa, por nós, polas nosas ideas. E logo preguntemos, reclamemos, ou loubemos ós elixidos que aínda que moitas veces non o parece están ó noso servizo.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES