Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xacobeo con “X”

lunes, 04 de mayo de 2009
Estamos camiñando polo mes de xuño de 2009, case ás portas do próximo Xacobeo, antes chamado Ano Santo Compostelano cando só consideracións relixiosas rodeaban unha celebración multisecular que converte a Galicia no centro do vello mundo e a Compostela na capital de occidente.

Os cambios políticos interrumpiron moitas accións e, entrelas, a organización do Xacobeo que agora debe acelerar o paso para aproveitar esta oportunidade case única, especialmente se temos en conta que a próxima celebración tardará unha década, que é demasiado tempo para agardar por unha ocasión importante.

Por primeira vez, a “X” que simboliza o Xacobeo pode ser a punta de lanza promocional da celebración en todo o tramo español do Camiño, estando só pendiente dun acordo definitivo impulsado pola organización galega. Porque os beneficios espirituais están garantidos para os camiñantes a Compostela, pero os beneficios materiais poden e deben ser compartidos por todos os que teñan relación socioeconómica con calquera dos camiños a Santiago.

Nunca foi discutido o aspecto relixioso do Camiño e o impulso espiritual que move ós camiñantes. E case ninguén dubida xa dos outros aspectos beneficiosos, especialmente económicos, que como choiva primaveral caen sobre Galicia -e as outras comunidades involucradas- como un maná do que estamos cada vez máis necesitados.

Nestes momentos, o símbolo é un “X”. Agardemos que se consolide como elemento representante dunha celebración que desexamos brillante, espiritualmente sublime, e económicamente moi rendible.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES