Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non perdemos a Confianza

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 14 de noviembre de 2024
Hai un refrán popular que di: "Desconfía e acertarás".
Certo que a veces hai que deconfiar de conductas sospeitosas; pero en liñas xerais temos que confiar para non caer na desesperación.
-A infancia confía en chegar a ser maior para non ter que estar subordinada ás persoas maiores.
-Os estudiantes confían que acabarán axiña os estudios para non ter que aguantar ó profesorado e gañar cartos canto antes.
-A xuventude confía en encontrar o amor da súa vida.
-Os proxenitores están esperando como auga de maio que os fillos se independicen para que se defendan por sí mesmos.
-A ancianidade confía que lle serán levadeiros os derradeiros anos da vida para non ser unha carga.
-Os empresarios confían que lles irá ben o negocio.
-Os sanitarios confían en curar enfermedades porque a falta de saúde lévase de moi mala gana.
-As forzas de seguridade confían en poder erradicar a delincuencia porque causa moito sufrimento.
-Os sacerdotes confían en que os fieis se vaian convertindo para que o Reino dos Ceos se faga presente.
-O profesorado confía que o alumnado sexa cada día máis instruído.
-Os doentes confían que aparecerá un remedio para o seu mal.
Todos confiamos.
É moi bo ter confianza.
En primeiro lugar por confiar en Deus (os crentes), nun mesmo e tamén nos demais.
Debemos confiar, pero a confianza ten os seus límites.
De xeito que:
CONFIAR, SI; PERO...
-É MOI BO QUE A INFANCIA DESEXE MEDRAR PARA LIBERARSE; pero non é consciente das responsabilidades que esixe o chegar a ser maior.
E cando chega a ser maior, dáse conta do feliz que foi sen sabelo.
-É MOI NATURAL QUE OS ESTUDIANTES QUEIRAN LIBERARSE DO PROFESORADO; pero non son conscientes de que sen a súa axuda non adquirirían unha formación para defenderse na vida.
Recoñéceno cando o tempo xa pasou.
-É LÓXICO QUE A XUVENTUDE CONFÍE EN ENCONTRAR O AMOR porque somos froito do amor e nacemos para amar e ser amados; pero eso leva consigo unha entrega moi grande que non todos poden soportar.
Por eso moitos xa nin siquiera queren comprometerse.
Unha mágoa social moi grave.
-E LEI DE VIDA QUE OS FILLOS VAIAN COLLENDO AUTONOMÍA; pero, os que non foron educados para a entrega e o sacrificio, a
veces, volven para o fogar natal co conseguinte contratempo para todos; especialmente para as criaturas.
-É NORMAL QUE NINGUÉN QUEIRA SER UNHA CARGA; pero a realidade da vida dinos que chega o momento que necesitamos depender e sentirnos agradecidos por ter quen nos bote unha man.
-CLARO QUE OS EMPRESARIOS QUEREN PROSPERIDADE NO NEGOCIO; pero todo ten os seus altos e baixos porque a vida dá moitas voltas. Cómpre prepararse para "os tempos de vacas fracas".
-OS SANITARIOS SOÑAN CON ERRADICAR A ENFERMIDADE e a veces conségueno con moito éxito. Outras... Cando poden aliviar os síntomas, xa se sinten satisfeitos e os doentes, máis aínda.
-AS FORZAS DE SEGURIDADE EXPOÑEN AS SÚAS VIDAS e grazas a elas podemos sentirnos relativamente seguros e ninguén
pon en dúbida a eficacia da súa misión; pero aínda así a delincuencia non desaparece.
-O CLERO PREDICA SEN DESCANSO; pero os tempos de Deus non son os nosos tempos e os camiños de Deus tampoco son os
nosos camiños.
Paciencia e constancia. "A DEUS ROGANDO E CO MAZO DANDO" Deus escribe dereito en renglóns torcidos: o Reino dos Ceos está
entre nós. Deus non abandoa a quen o acepta no seu corazón.
-O PROFESORADO DESVÍVESE PARA INCULCAR COÑECEMENTO na mente do alumnado e o que se esforza de verdade, alcanza cotas moi altas. O que non, non sabe o que perde.
-TODOS OS DOENTES QUEREN RECUPERA-LA SAÚDE; pero a veces hai que levar a cruz por días de vida porque a ciencia médica
non dá resposta a tódolos males.
Así pasa con todo.
Esta vida é un proceso no que hai que loitar sempre; pero con tesón e moita confianza imos superando obstáculos.
"SUPERANDO OBSTÁCULOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES