Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Romaxe de Cristiáns Galegos, e a utopía feita realidade de lodoselo

Ferreiro Currás, Anxo - martes, 12 de noviembre de 2024
Xa van dous meses, o 14 de setembro, da Romaxe deste ano e non quero deixar de facer esta nota, por varias razóns, entre elas a mención dos 46 anos que a Asociación Irimia leva celebrado en lugares por Galiza adiante, onde se celebra coa xente do lugar unha eucaristía de festa coa forte pegada de liberación relixiosa, social, humana e política: outro cristianismo, outra Galiza, e outro mundo é posíbel. En segundo lugar, a participación d` A Quenlla que nos fai rebulir coa Rumboia, coa súa música social e reivindicativa, e sempre nos regala con novas cantigas, este ano con estas dúas: Regresade de Marica Campo e música de Mero, e Muller galega, letra de Avelino Díaz e Música de Paloma Suances.
Mais a razón principal desta colaboración é sen dúbida a presentación da realidade como modelo en Lodoselo, concello de Sarreaus de Ourense. Trátase do Centro Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso. Foi unha sorpresa moi agradábel atopar en Ourense esta xente que nos invitou para descubrir nesta Romaxe, co título A terra quer coidados, unha utopía feita realidade.
Posteriormente apuntámonos para asistir, o día 26 de outubro, a un Encontro por un Rural Habitábel e Habitado, convocado pola Rede Rural, no mesmo Lodoselo. Un día ateigado de teoría e práctica de dez da mañá á dez da noite. "Somos unha asociación - dinnos- sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública na procura de facer posíbel o que é necesario". O obxectivo primordial son a xente maior, e a xente nova. Teñen unha infraestrutura de casa "reitoral", para celebracións de actos, xogos infantís, liteiras para pasar a noite; un edificio de centro de día con servizos de fisioterapia, sas de exercicios, de comedor, cociña industrial; de aquí saen máis dun cento de menús todos os días da semana, domingos e festivos, en furgonetas para levar a domicilio a comida quentiña do día, que asemade están a procura do que necesiten, médico, menciñas, etc. procuran atenderlles nas súas necesidades. Todo no seu entorno sen ter que emigrar, desde o ano 1998. E tamén existe a casa para a convivencia dalgunhas persoas maiores.
Outra faceta digna de ter en conta é que a Facultade de Educación UVIGO está a prol da conexión do Traballo Social no contorno rural. Cando Universidade baixa a práctica imos por bo camiño.
E nun contexto da zona da Limia non faltou a exposición técnica do fracaso co desecamento da lagoa de Antela. Un modelo errado. E asemade, aproveitouse o momento para a denuncia da tolemia capitalista de Altri en Palas de Rei.
Dámoslles parabens ao Centro de Lodoselo modelo a seguir por Galiza adiante.
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES