Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Asesores e Gabinetes

miércoles, 03 de junio de 2009
As institucións tenden á endogamia e a reproducirse por esporas dun xeito indefinido, de maneira que o volume de persoal entre unha lexislatura e outra, entre un tempo político e outro, experimenta un incremento sustancial só mensurable coa perspectiva que da o tempo.

E como é difícil de controlar esta evolución medran as lendas urbanas sobre os asesores que ten un presidente, os gabinetes de conselleiros e altos cargos e a entrada na Administración de persoal laboral procedente de empresas consultoras que se foron enquistando na organización.

Feijoo está levando adiante unha reforma lenta pero agardemos que froitosa na supresión de asesores e persoal de gabinete cun aforro prometido do vinteseis por cento e un aforro estimado nos dous millóns de euros que, sumado á eliminación de altos cargos a escala provincial, totalizarán trinta millóns de aforros. Que se son arredor de cinco mil millóns de pesetas é cantidade estimable aínda que sexa un gran de millo na xigantesca artesa dos diñeiros públicos da autonomía.

Fíxose costume na administración, a todos os niveis, que florezan asesorías e gabinetes aínda que sexan flores que duran catro anos. Mentras duran, reinan, e gobernan con mando en praza. Por riba de calquera outra estructura preexistente xa que se trata de persoas e cargos de confianza, entendendo que os funcionarios independentes non gozan da confianza dos que detentan o poder.

Que gabinetes e asesores se reduzan é interesante, aínda que non saibamos ben cantos hai e para que serven exactamente. Que vaian a menos, alomenos durante un tempo, parece unha boa noticia. Pero había que xulgala de xeito relativo, precisamente tendo en conta que na Xunta os pasados catro anos viviuse unha situación moi especial de duplicación de órganos e poderes para contentar as ansias das dúas forzas que formaban o especial goberno bipartito.

En fin, que está ben a reducción, que é un signo externo de cambio. Seguimos a agardar máis signos deste tipo.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania