Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Apóstolos e mercenarios

Santalla, Iago - miércoles, 13 de noviembre de 2024
Nas miñas aulas, entre outros temas, trato de analizar como podemos actuar nunha situación crítica. Non é un tema fácil de tratar, sobre todo, se un pretende visualizar dita situación. No meu caso, utilizo a teoría de Manuel Rivero (veciño neste portal de Galicia Dixital) que define catro perfís básicos:

- O apóstolo. Fará todo o posible para axudar aos demais.
- O refén. Paralízase e non é capaz de actuar.
- O mercenario. Procura sacar rendemento e axuda ou non segundo lle conveña.
- O inimigo. Aproveita a situación para vingarse e, polo tanto, incrementar o dano.

Actualmente, Valencia está sufrindo unha situación crítica na que, analizando as novas que chegan por diversos medios, temos que dicir que un apostolado potente está tratando de virar a situación cara a unha "normalidade" moi afastada dada a proporción da traxedia. Non en tanto, na traxedia, xorde o exemplo e a bondade de quen salva vidas. Quizais, isto é o que debe pasar á historia que tamén ten a obriga de apartar a broza e convertela no que sempre foi: esterco para unha nova árbore.

Como ben dixo Celso Emilio, abunda o esterco pero moitas veces non chega a tal categoría quedando nunha pestilencia inferior que a fai totalmente inútil. Esta é a pestilencia do mercenario que trata de sacar rédito da desgraza allea. Non axudará pero fará ver que axuda, criticará ao que fai sen mover un dedo e fará ver que ten proposta propia sen razoala. Ao final, a historia pon a cada un no lugar que lle corresponde sen que o interesado ou interesada poida evitalo. Así que o tempo sempre corre a favor da honestidade e da solidariedade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES