Medio cento de alumnos da UNED Senior Coruña recibiron as clases de Historia no Museo Provincial de Lugo

polas guías do Museo, María Losada e Valle López De la Villa.
O Museo Provincial está situado nas dependencias do antigo convento de San Francisco, do que se conservan tres zonas orixinais: claustro, refectorio e cociña. Accédese ao museo a través do refectorio, do século XVIII, no que se pode observar o antigo púlpito ou lecternario. Actualmente esta sala está adicada a exposicións temporais.
A continuación pasamos ao Claustro do século XV, no que chaman a atención os arcos de medio punto, propios do románico, construídos nun momento no que o estilo arquitectónico imperante era o gótico. Presenta a estrutura típica dos mosteiros de ordes mendicantes, conservarse o pozo, pero non o lavatorium. Actualmente alberga unha ampla colección de reloxos de sol, laudas funerarias, miliarios e dúas das pedras fundacionais da cidade.
Dende o claustro accedemos á sala dos mosaicos que acolle restos de mosaicos que apareceron en diversas excavacións realizadas na cidade e proveñen de domus romanas.
A visita continuou na sala adicada a xoias castrexas, torques, fibelas, arracadas e outras figuras que abarcan varias épocas históricas. Destaca o Torques de Burela.
Finalmente visitamos a cociña, da que se conserva unha ampla lareira, unha mesa de granito e os fregaderios. Nela recóllense diversos mobles e utensilios tradicionais.