Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rúa Paco Maañón de Foz

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 14 de noviembre de 2024
Fai uns días, fun dar un paseo e baixei pola rúa Paco Maañón. Encontreime cunha veciña que aí vive e parámonos a falar dos vellos tempos da nosa infancia, xa que esa era a rúa onde me criei e na que vivín moitos anos.

Ambos puxémonos morriñentos, lembrando aquela nosa nenez de fai sesenta anos e de como, progresivamente esa rúa foi perdendo vida desaparecendo todos aqueles negocios que noutrora houbo. Era o centro comercial de Foz, era a vida de Foz e Rúa Paco Maañón de Fozpouquiño á pouco, os comercios e negocios foron pechando e hoxe, aquela fermosa rúa do casco vello do noso pobo, quedouse totalmente deserta. Non fai moito, a única carnicería que alí había, tamén pechou.

Imos dar un paseo imaxinario pola vida comercial desa rúa de cando a miña nenez e de apenas uns 500 metros. Trasladémonos por uns minutos a fai varios anos.
Comezando na casa de Candia e de cara á igrexa parroquial:
Carpintería Cándido Eijo (de Basilio); Comercio Pablo Asensio; Ultramarinos, Fábrica de lixivia e Panadería de Fernandiño; Xastrería Ginzo e despois Calzados Irma; Taller de Costura Josefa de Cartoy; Xastrería Benito Rodríguez; Veterinario Bautista González; Barbaría Ramón Veiga (Chapa); Bar Las Cancelas de Ángel Leitón e despois bar de Donato González; Reparación de radios Evangelista Fernández (Evalfer); Toñiña e Josefa López (As Pecherenas) de venta ambulante; Chocolates Antonio Núñez (Nugóm) e despois Carnicería Villares; Reparación de medias Eugenia de Pío; Modista Cándida da Casilla; Lavado e engraxe de vehículos Antonio Veiga (de Melia); Colexio Sagrado Corazón, despois foi Martínez Otero; Granxa de parrulos Rafael Martínez (Fito); Comercio de tecidos Antonio Martínez (de Ausebia) e despois Bar Brasil de Oscar Val; Ultramarinos Casa Teodoro Moreda e despois Moblería Moreda; Sala de Xogos; Mercería Teresa Castiñeira; Auto Escola San Lorenzo; Ultramarinos Casa Quico; Reparación de medias e Estética Lola López (do Raposo); Reparación de Radios Antonio Martínez; Comercio Las 3 BBB de José Anlló; Funeraria Sagrario Leocadia; Bar O Pirindín de Ramona Ramos; Ferraxería Fuente; Latoeiro Nicanor Álvarez; Bazar 0,95 de Lola Doval (de Chus); Fonda Cageao e despois Calzados La Moda de Eudosia Méndez e despois Bar As Oiras; Escaparate de Fuente e hoxe Obradoiro de Sancho; Mercería La Espuma de María del Riego; Farmacia López-Leitón; Comedor Social de María Fernández (de Cachitas); Ultramarinos Marina Rodríguez (de Cosme) e despois Ortopedia Eugenio Maañón; Reloxería Amalito Rodríguez; Comercio de Cosme Marful; Concesionario de Buques Balbino López; Veterinario José Vizoso; Mercería Josefa Fonseca; Bar La Asturiana de Amalito Rodríguez; Comercio de Moncho Rey; Ferraxería Constantino Rúa Paco Maañón de FozVázquez (Tatino) e despois Ferraxería Leopoldo Carro e despois Foto Sport e despois Calzados Pernas; Praza de Abastos con tres carnicerías: Amador Teijeiro (Amadito de Pachó), Manuel e Jesús Fraga e José Martínez (Torna) e un mini ultramarinos de Laura Naray (do Pintado) e despois Pescados Os Coiotes, e na parte superior, Escola Unitaria de Martín Maañón, despois Fogar de Xuventudes e despois Cámara Agraria; Transportes Arturo Fernández (da Pintada); Reparación de Calzado Eloy Naray e despois Ultramarinos Lourdes Naray; Barbaría Balbino Rodríguez e despois Xoiería Borrajo; Comercio Antonia de Borrajo; Modistas: as irmáns Dolores e Amadora Teijeiro (da Cosca); Autobuses El Gallego; Reparación de Calzados Jesús Doval (Suso de Chus); Confección de Xerseis María Alonso (de Moncho de Ollomouro); Confeitería Laura do Gallego; Confeitería Leandro Villarino e despois Confeitería El Capitolio e despois Roupa Infantil Katy e despois un Deseñador; Comercio de Severo e despois Comercio de Tatino; Practicante Sanitario Ramoncito López-Leitón e agora Avogada Almudena Rubal; Salón de peiteados de Pepita Fraga e barbaría José Fraga (O Torero) e despois Tapicería José Sánchez (de Elisa) e despois Libraría Galicia; Zoqueiro Indalecio Ben (armador do Pancho); Mercería Ramona Fernández (As Pecherenas) e despois Farmacia (a que hoxe é Fátima Quintas); Comercio de roupa de Nikita e despois Comercio de Complementos e hoxe Comercio Thecé; Café - Bar El Capitolio e despois Banco de La Coruña e despois Comercio de Te de Botes e hoxe Bar Rente ao Mar. Tamén se celebraba o mercado semanal de tódolos martes.

Se non defendemos o comercio local, pode que algún día outras rúas e avenidas de Foz, acaben tamén desérticas, e un pobo sen comercio é un pobo morto.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES