Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Blanco e o Ave

martes, 02 de junio de 2009
Blanco é galego, coñece ós galegos, e sabe que soportamos case todo, non nos asustamos de case nada, e oímos ós políticos como quen oe chover. Por eso ousou facer o que fixo, mesmo en período inmediatamente anterior ás eleccións europeas.

Oficialmente, sempre se manexou a promesa e a certeza de que o Ave estaría en Galicia o ano 2012. Así se dixo por activa e por pasiva, desde Santiago ou desde Madrid, “urbi et orbe”.

Parecía difícil, pero os políticos dos gobernos central e autonómico empeñaban a súa palabra e tampouco existían probas de que mentisen. Tendo en conta a cantidade e calidade da información que manexan, demos en crerlles que aquello era posible, aínda que mesmamente como quen oe chover.

E de pronto, José Blanco, galego de Palas de Rei, no Camiño de Santiago, cae ou se tira do cabalo como Saulo e descóbrenos que do dito non hai nada, que esa data figura aí como podía figurar calquera outra ou ningunha. Que quere ser sincero, quere un bo Ave para Galicia, e que nos esquezamos das promesas temporais para quedarnos coa nova promesa de calidade.

Teremos que agradecerlle a sinceridade ó paisano ministro, quedándonos nas dúbidas de quen fóron os mentirosos, se o Presidente Touriño e os do goberno central, ou mesmo Touriño foi tamén un enganado polos que consideraban que todos somos tontos cando simplemente somos pasotas e descreídos diante do engano agora confesado.

Que ó goberno de Zapatero lle queda lonxe Galicia, tiñamolo claro. Só lles importou gañar tempo, mentras unha ministra inefable mandaba á “m...” un Plan para Galicia.

Agora temos un ministro galego. Agardemos e vexamos. Porque a confesión da mentira doutros tampouco ofrece solucións e só ven poñer de manifesto o “modus operandi” dunha clase política á que os galegos lle viñemos importando outra “m”.

Que agora si que vai adiante o Ave?. ¡Vale!. Pero imos necesitar, visto o pasado, ter algún elemento máis para que a desaparecida confianza volva ter “brotes verdes” dentro do noso queimado interior.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES