Paz e prosperidade
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 07 de noviembre de 2024
A paz e a prosperidade son dúas palabras que encerran un contido moi profundo.
En primeiro lugar a paz con un mesmo e en segundo a paz coas persoas que encontramos no camiño da vida.
Manter a paz cun mesmo leva consigo a práctica das virtudes: moito autodominio, moita bondade e moito amor.
Amarse a un mesmo é de suma importancia porque cando nos amamos coidamos a saúde da nosa alma e a moralidade das nosas obras.
Amarse a un mesmo está reñido co egoismo porque donde hai amor, o egoismo non ten cabida.
Quen se ama a sí mesmo, xa está amando indirectamente ós demais porque no seu corazón non deixa espazo para a maldade e, polo tanto, non fai mal a ninguén.
Quen se ama a el mesmo non é egoísta, nin envexoso, nin avaricioso:
practica a xenerosidade respectando ás persoas e ós seus bens.
Pero, ademáis de amarnos a nós mesmos, tamén temos que amar a toda a Ceación.
E se amamos a Creación enteira
¡Cómo non amar o Creador!
Quen fai mal: NIN SE AMA A SÍ MESMO, NIN AMA ÓS OUTROS, NIN FAVORECE A PAZ E A PROSPERIDADE
Certo que existen algunhas persoas que actúan con maldade porque no seu corazón levan egoísmo, envexas e moita avaricia.
Esas persoas crean inimigos e, nin son felices elas, nin fan felices ós demais e tampouo contribuen ó progreso por máis bens materiais que teñan, porque non os comparten e ó final: todo queda aquí.
Pero no mundo tamén hai moitas persoas que favorecen a paz e a prosteridade.
FAVORECEN A PAZ E A PROSPERIDADE:
-As persoas que gañan o pan coa suor da propia fronte: tanto dá que sexamos obreiros, enxeñeiros, mestres, médicos ou fontaneiros: todos somos necesarios.
O que importa é ser persoas honradas e responsables na misión que nos encomende a vida.
-Son os estudiantes que se aplican todo canto poden, para seren persoas de proveito o día de mañá.
-Son os xoves que non caen no vicio: alcohol, drogas e outros...
-Son os sacerdotes que conducen as almas a Deus, predicando o amor e a fraternidade.
-Son as persoas de vida contemplativa que oran polas necesidades do mundo.
-Son as persoas anónimas que non xulgan nin critican.
-Son os anciáns que non se meten na vida dos novos e levan os seus achaques con paciencia.
-E outras moitas, moitísimas...
Daquela... ¿POR QUÉ AS GUERRAS?
-Por razóns egoístas: hai quen só pensa nel mesmo e cre que todo lle pertence, cando o certo é que non nos pertence nada de nada. Tan só somos administradores do que a vida nos regala.
-Por razóns de soberbia: hai quen goza considerándose superior ó que ten o lado e disfruta mirándoo por encima do ombreiro.
-Por razóns de avaricia: hai a quen nunca lle chega o que ten e precisa acaparar o dos outros para "enche-lo seu saco". Pero o remate: a avaricia rómpelle o saco e todo queda en nada.
-Por afán de poder: hai quen pensa que o poder lle dá prestixio; pero eu penso que o que fai e cavar a súa propia tumba.
Ó remate todos temos que pasar polo exame do amor.
E NON ESCARMENTAMOS
Claro que non escarmentamos e por eso prosperamos moi lentamente.
Coas guerras só se enriquecen economicamente os fabricantes de armamento.
Os restantes: perdemos todos e moitos incluso perden o máis sagrado que é a propia vida.
CÓMPRE APROVEITAR BEN A INTELIXENCIA HUMANA
Afortunadamente, hai moitas persoas que o fan:
-Os proxenitores cristiáns que educan ós descendentes para cumprir a lei de Deus, pasando pola vida facendo o ben.
-Os proxenitores ateos que educan en valores e, áínda que neguen a existencia de Deus, favorecen a convivencia con tódolos seres.
-Os educadores que encenden luceciñas na mente da xente nova e non tan nova para que vexa o camiño polo que ten que ir pola vida.
-Os sanitarios que coidan da nosa saúde física e entregan as súas vidas por salvar a dos outros.
-Os sacerdotes da Igrexa Católica que nos mostran o CAMIÑO, A VERDE E A VIDA para guiar os nosos pasos en amor fraternal á nosa Orixe: de onde procedemos e a onde retornaremos.
-Os gobernantes que acertan en facilitar ós cidadáns unha vida o máis digna posible distribuindo ben os impostos.
-Tódalas persoas de ben que fan un labor anónimo de suma importancia aínda que sexa caladiñamente.
Imos lentos, pero confiamos.
"NON PERDEMOS A CONFIANZA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora