Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Brincadeiras Poéticas de Plácido Castro

Ríos, Xulio - jueves, 07 de noviembre de 2024
Dí María do Cebreiro Rábade, estudosa da poesía de Plácido Castro, que entre tódalas vidas que viviu, se sentiu sempre intimamente vinculado á condición de poeta. E, certamente, podemos dicir que a poesía non só é parte inseparable do seu orbe afectivo senón tamén unha viga principal do Plácido intelectual.

Nos anos cincuenta, diante dos micrófonos da BBC, Plácido apuntaba á poesía como a arte máis fermosa. Sabía do que falaba pois a súa obra tradutora centrouse precisamente na poesía e daquela tiña xa moito camiño andado. "A inmortalidade gáñase mellor cunha ducia de poemas nunha antoloxía que con todos os efémeros trunfos dos potentados e todo o brillo da fortuna dos aventureiros das finanzas", chegou a sinalar para destacar a alta estima en que tiña esa particular comunidade.

Plácido traducía ao galego porque consideraba que "á nosa lingua ningunha lle gana en cualidades e posibilidades poéticas". Mesmo durante a ditadura, cando comparecía na prensa, se ben os artigos habían estar escritos en castelán, os fragmentos poéticos inseridos neles estarían recollidos en galego.

A novidade de "Brincadeiras poéticas" que ven de publicar a Fundación Plácido Castro é que engade a esa condición de tradutor-poeta de Plácido, a súa propia obra lírica. E faino con 19 poemas agrupados en dous segmentos claramente definidos. O primeiro, integrado por 12 composicións baixo a denominación de "O Fillo", e outros 7 máis de diversa temática. Entusiasmo no primeiro caso ante a emoción suxerida pola paternidade, e escepticismo, caústico ás veces, con retranca sempre, no segundo.

Sabemos do Plácido político, xornalista, tradutor, esas vocacións que conformaron a súa vida como un referente indispensable do galeguismo. Outras vocacións tardías, como a docencia ou esta de poeta, abundan no cerne dun intelectual que converteu a identidade no valor esencial da nosa forma de estar no mundo.

As imaxes que acompañan esta edición, concibidas expresa e xenerosamente por outros tantos artistas galegos para a ocasión, acrecenta o valor da obra cun lirismo visual que fará as delicias dos lectores.

A excelencia da figura e obra de Plácido Castro ten neste volume unha mostra máis que engadir á persistente labor de recuperación e dignificación do seu firme compromiso con Galicia.
Ríos, Xulio
Ríos, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES