Empatía, humildade e complexidade
Santalla, Iago - miércoles, 06 de noviembre de 2024
"Al meu país la pluja no sap ploure
O plou poc o plou massa
Si plou poc és la sequera
Si plou massa és la catàstrofe..."
Raimon
De novo atopámonos ante unha situación límite: sen saber aínda a dimensión da traxedia pódese dicir que nos vén un reto enorme como país que nos abrangue a todas e todos. Cadaquén dende o seu eido e dende as súas posibilidades debe remar para saír. Do pobo non teño dúbida porque, como dixo don Antonio Machado, é o mellor que ten o país pero, polo que sexa, anda escaso en políticos da súa altura moral.
Quizais nos chegaría con que tiveran unha escada de valores clara e firme que souberamos, a ciencia certa, que xamais a van traspasar e logo tres actitudes:
-Empatía, para sentarse, escoitar e comprender ao pobo.
-Humildade para recoñecer erros e corrixilos (ou dimitir).
-Complexidade, para intervir dun xeito coordinado tendo en conta todos os factores que están interactuando na situación límite.
Agora toca agarimar á xente e responder á súa urxencia pero chegará día de ver quen foi quen. A historia é xusta e poñerá a cada persoa onde merece.
Forza e agarimos ás vítimas.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora