Brindos a Sabugos
Gzlez.Vigo, Marcial - martes, 02 de junio de 2009
Brindo a Sabugos, querida,
tenra coma unha mañá.
Brindo en cantar de a miúdo,
na solaina quencerá.
Brindos en sete paradas,
nun merecente de centos.
Non me pidan hoxe a min
cantares de moito tento.
Hei de ir a Sabugos eu
por ver como a nena ri.
Hei de ir a Sabugos, si,
entre novembro e abril.
Sabugos ten ese ter,
que non se colle a distancia.
Sabugos hai que vivilo
e brindar con elegancia.
Sabugos é verso feito,
o seu nome verso é.
Hai que trazalo ao dereito,
para seguir a bo pé.
Sabugos ¡que tes, Sabugos!
que ata de lonxe reclamas.
Tes música de seis letras,
en seis solfas porfiadas.
Se eres de Sabugos ti,
tés o dereito de selo.
Xamais negues, sabugueiro,
onde xogaches de neno.
Gzlez.Vigo, Marcial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora