Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Da estupidez á hecatombe

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 04 de noviembre de 2024
Da estupidez  hecatombe Do esperpento á desolación. Da estupidez á hecatombe. Da perrencha á auténtica dor. Do Balón de Ouro á Dana. Do primeiro día da semana á todos os demais días da mesma. A semana que nos deixou tivo todo iso e algo máis. Algo que aínda queda por determinar: o número total de vítimas a causa desa desolación, desa hecatombe, desa maldita dana.

Os sete días pasados empezaron coa rabecha de todo un Real Madrid (presuntamente un club de señorío) porque 100 periodistas estranxeiros (non só os da revista francesa France Football) non lle deron a súa completa confianza ó xogador brasileiro Vinicius Jr. e optaron polo español Rodrigo ou Rodri. Os afeccionados do club máis español de todos os españois danlle as costas a un español. Guiados, iso si, por unha directiva que realizou máis unha actuación de nenos de párvulos que o proceder duns adultos cun chisquiño de cabeza. Claro que, moitos, a inmensa maioría aínda non saben moi ben quen é Florentino Pérez. A súa sombra é longa coma os días de maio.

Menos mal que (quería dicir que por sorte, pero teño que optar pola desgraza) tal cabuxo duroulle pouco ós madridistas, porque unha noticia horrible, desoladora, impresionante deixou en auga de bacallau esa actitude fanfurriñeira; a desa dana que fixo estragos a zona de Valencia. E se os estragos foran tan só materiais, pois aínda, aínda. O peor é que, no momento de escribir este artigo (sábado pola noite) van xa 211 mortos.

Da estupidez á hecatombeSon un cinéfilo empedernido e tamén dos que lles gustan as películas sobre as apocalipses. Pois ben, levo visto moitas, pero nunca escenas tan devastadoras como as reais destes días. Mesmo vendo esas películas me podía imaxinar nunca o visto en imaxes periodísticas e televisivas durante estes últimos días. E ante as opinións catastróficas duns e outros, é normal que a emoción asomara por varias veces ós ollos e a impotencia me fixera inchar as veas de angustia, de dor e de pena.

Rematado o primeiro impacto, e xa desde o primeiro día, axiña intentamos buscar culpables, cando se sabe perfectamente que ante a natureza non hai nada presuntivo nin previsible. Certo que se poden mellorar moitas cousas (reforestación intensiva, cambio de localización de algunhas vilas ou aldeas, limpeza de canais, canalizacións de ríos, etc.), pero, á hora da verdade, non é tan sinxelo. O tema daría para moitas máis liñas que non me collen aquí.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES