Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Olladas

martes, 09 de junio de 2009
Olladas Quen me coñece sabe que pola parte frontal só percibo a metade do panorama visual porque un ollo está ó pairo ou en posición rebelde de descanso. Pero, como compensación, teño unha especie de sexto sentido que me fai fixar en determinados puntos, e apuntar o único ollo precisamente hacia o lugar onde hai algún erro ou tacha.

Sucedeume a cotío, e procuro -cando se trata de prensa escrita- gardar recortes de fallos nos xornais por se no futuro me da por facer unha persoal antoloxía de gazapos. E non puiden resistirme a facer unha fotografía á parte traseira dun autobús urbano da capital lucense no seu papel de pantalla publicitaria dun TV Sony.

O rotulador sen dúbida procedeu con rapidez porque a campaña comezaba e os autobuses non poden quedar en dique seco nin unha xornada.

Que non aparecesen acentos en palabras como “última”, “tecnología”, “inalámbrico” ou “más” haberá que deixalo pasar aínda que o idioma esixe respecto. E diante dese respecto que o idioma esixe, o caso sería para denuncialo ó Valedor do Pobo.

Se o tema dos acentos foi o primeiro que agredeu visualmente ó meu ollo bo, a continuación foi ver que ”tecnoligia” non é o mesmo que “tecnología”. E que “inalánbrico” tampouco encaixa o mesmo que “inalámbrico”, por aquelo de que aínda nestes tempos iconoclastas as regras de ortografía deben seguir vixentes.

Pero o máis sangrante é o que ocorre con esas “40 pulgas” que seica ten este bravo televisor, nun tempo en que pulgas e piollos senón están extinguidos debe faltarlles pouco.

Por se non era crible o meu relato, velaquí a proba fotográfica que acompaña estas liñas.

Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES