Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hai momentos na vida...

Sampedro, Pilar - jueves, 05 de diciembre de 2024
Hai momentos na vida en que esta se empeña en mostrarnos só un dos seus lados. Isto fai que a vexamos dunha cor ou doutra.

Nunha ocasión, unha amiga falando dunha relación amorosa comentaba que lle influíra tanto que a levara a facer un proxecto artístico no que non se recoñecía. É un caso extremo, non sempre son -tampouco- as relacións deste tipo as que nos conforman; ás veces son os tempos que se viven, as noticias que se escoitan, a situación das persoas Hai momentos na vida...que che rodean, as amizades que se perden... Todo iso, nun totum revolutum, lévanche a estar pesimista ou moito menos optimista que noutras etapas. Penso que algo diso está a pasar. De feito, o que escribo resulta de difícil dixestión, ten un cariz grisáceo que mira para abaixo e non permite erguer as alas e voar libremente (que iso é o que me gusta, sen dúbida).

Hai que traballar a mirada e a emoción para seguir vendo o que ocorre sin que lastime, sen que lle faga mal ao espírito como dicía alguén fronte a unha obra de arte. É preciso chegar a un estadio no que sabendo o que hai non se sufra. Un día poste a mirar para o branco da parede e entendes: estaba claro, sempre o estivo pero ti empeñábaste en non velo, era precisa esa cegueira para poder seguir pelexando polo futuro. Agora toca mirar o branco da parede, reflexionar e actuar en consecuencia, sen cargar máis dor que a da propia existencia.

Os baixiños teñen que facerse notar. Hai moitas envexas, que dicía aquela compañeira que non quería que os demais souberan... Os "lobies" actúan dende calquera lugar ocupando parcelas de poder que evidencian a inxustiza. Cada día espertamos con novas que nos abraian, con acusacións que se poden perder ante a superficialidade e que non investigan "o asasinato" como sempre se fixo: quen sae ganando? quen ten motivos para sinalar co dedo? Un silencio espeso esténdese entre sorrisos maliciosos.

Chegou o momento de ver e non actuar, de calar, de facer da banalidade do mal o catecismo. Porque David non é ninguén fronte ao exército que se estende polas chairas e as montañas, o litoral e os propios océanos. Gandalf está preso, os hobbits adaptáronse a unha vida tranquila e a escuridade desprégase ocupando a terra dos medianos, os pequenos e os grandes.

Imos agardar pola segunda oportunidade para os pobos condenados a cen anos de soidade, tal como pedira o autor de Cien años de soledad na recepción do premio Nóbel, naquel outubro de 1992. Ogallá lla traia a poesía ou o mundo dos seres mitolóxicos, un milagre que poda servir para darlle unha nova volta ao planeta.

As persoas ben pensantes sempre confían nos ciclos, no péndulo que vai e vén; en realidade naquilo de "nunca choveu que non escampara" e escampará, seguro, aínda que tarde máis de corenta anos. Que iso non é nada no tempo dos pobos, que dicía Avilés. Hai que mirar, coa vista posta no horizonte, para descansar os ollos e que non perdan a súa frescura.

Bo futuro!
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES