Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Podemos vivir mellor con menos?

Sampedro, Pilar - jueves, 14 de noviembre de 2024
Sempre me chamou a atención que cando te pos a xuntar cartos nunca rematas. Se tes unha vivenda queres dúas, se xa tes vivendas queres varios coches, barco...
Un saco sen fondo, dicían os maiores, e nós certificámolo!

Os máis novos andan en avión sempre que poden: fin de semana en París, tres días en Creta... un non parar que sabemos non é posible mantelo. Hai tempo dicíase en Podemos vivir mellor con menos?relación ao consumo de auga "Aunque usted pueda, España no puede". Está claro podemos pagar eses billetes pero o planeta non ten capacidade para resistir ese consumo por parte das clases medias e non podemos imaxinar o que pasará cando a poboación asiática queira dispor dos mesmos beneficios.

Asistimos á última xeracións que coidou dos seus pais, somos testemuñas da busca de residencia de maiores por parte dalgúns amigos, vemos que non só aqueles que carecen de descendencia se acollen a estas solucións drásticas senón que os fillos tampouco se poden facer cargo desa atención e toca igualarnos. Vemos que as residencias non son desexables porque como a sanidade e o ensino, convertéronse en grandes negocios de fondos voitres. Que vai ser de nós, con pandemia ou sen ela?

En que momento te podes considerar vello ou vella? En que tempo debes pensar en marchar? Temos escoitado algo ao respecto. A nai dunha amiga despedíase dicindo, "Déixame ir, xa teño máis dos meus na banda de alá que na de acá". Ás veces pensamos que cando non entendemos o mundo actual era o momento de buscar a porta, outras veces é a consciencia de ter visto demasiado, de que xa todo che soe a sabido (incluso aquilo que nunca tiñas vivido), cando para todo atopas unha explicación que estaba aí dende o principio dos tempos, cando te cansas de ver a miseria humana e non es quen de tomalo a broma, cando non podes traballar cos novos porque non entendes as súas decisións... por exemplo, cando estás entre persoas que se supoñen comprometidas cunha organización e se desconectan sen explicacións, cando entenden que a conciliación supón deixar atrás todo o público, cando alguén dá a entender que esta conciliación só é real cos menores e non ve aos maiores por ningún lado, cando cada un e cada unha está centrado na propia carreira, profesión ou o que sexa (que pode ser o consumo desaforado) sen mirar aos lados nin polo retrovisor.

Creo que si, que podemos vivir mellor con menos, sen tanto Erasmus que levou a nosa mocidade a enraizarse polo mundo e non volver ou facelo "con corazón partido", sen tanto centro concertado que continúa a discriminar aos que non están á altura (aínda que eles disimulen e tenten que non se note), sen tanto like que oculte que non nos queren e tanto instagram para mostrar o que ninguén ten interese en ver (igual que as fotos das viaxes que hai tempo se converteron en sopor e cansazo)... Quen pregunta, antes de viaxar, aos que o fixeron antes ou incluso residiron nese país? Quen ten interese en coñecer as túas experiencias? Quen escoita?

No medio de todo isto iso a política convertida nunha comedia onde se gritan uns aos outros creando unha violencia que tamén agride á cidadanía pero comen xuntos na mesma corte, pero fálanse como amigos cando as cámaras se apagan, pero están para defender case os mesmos intereses... E non, non é que todos sexa iguais que non o son, pero cada vez temos que pensar máis en como defender unha boa política porque a xente xa pregunta: de que me falas? do PP de Vox? do PP de "Se acabó la fiesta"? do PP do PP? do PP do PSOE? E non é só o PP, que aí é ben doado responder.

Non somos inmunes á dor que provoca non poder facer nada por mellorar o mundo.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES