Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A VOLTAS COA NOVA LEI

jueves, 17 de julio de 2003
A VOLTAS COA NOVA LEI Pois si, é necesario seguir a voltas coa nova Lei de igualdade de oportunidades e non discriminación das persoas con discapacidade porque, na súa elaboración precipitada e tamén oportunista xa que se presentou en plena campaña electoral, parece que se buscou máis un titular rimbombante que a súa eficacia. Véndese como modélica cando nin sequera contempla as liñas e directrices europeas en materia de igualdade e non discriminación. Cae no mesmo erro la Lismi ó non contar cun réxime sancionador encargado de velar polo seu cumprimento quedando nun documento meramente declarativo. Si consideramos importante a súa filosofía de igualdade inspirada nos principios de vida independente, deseño para todos, etc... pero iso non debe impedir que sexa máis concreta.

Sabemos que se presentaron tal cantidade de emendas que superan con moito o texto de mínimos que elaborou o Goberno. Non se explica que nin recolla a proposta máis ampla e comprometida acadada coas achegas do sector da discapacidade. Mesmo parece que procedería pedir a súa retirada pero, por outra banda, era unha Lei tan necesaria e tan demandada. Esperábase con entusiasmo e con expectativas e resultou demasiado centrada na accesibilidade sen incidir e afondar en temas tan básicos como a educación.

En canto ós nosos representantes políticos, estou a referirme ós galegos, bótase en falta a súa opinión. Si se manifestaron os de outras autonomías chegando a dicir que as súas leis están por encima. Parece que queren unificar criterios pero, neste caso, á baixa. Nas 167 emendas presentadas non se escoita unha voz galega. Tampouco o movemento asociativo oficial amosa a súa desconformidade e, unha vez máis, aparece ante a sociedade sen un papel reivindicativo baseado na defensa dos dereitos humanos.

Persoas do colectivo que non queremos perder o espírito libre tentamos manifestar, a tódolos niveis, este descontento. Somos conscientes de que pasamos demasiado tempo esixindo os nosos dereitos apelando a solidariedade e esta fallounos. A sociedade non pode seguir allea á vida que vivimos, á realidade en que nos vemos inmersos. Cando aceptemos que a discapacidade implica unha maneira máis de vivir dentro da diversidade, teremos un longo camiño percorrido. Como vostedes, somos persoas con algunha discapacidade pero con moitas capacidades.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES