Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tamén ti, Errejón?!

jueves, 31 de octubre de 2024
As persoas estamos dotadas dun sentidiño que nos fai distinguir entre o correcto e o incorrecto e entender que a nosa liberdade -dereito máximo, vital- remata cando colisiona coa liberdade de outro. Cando souben da dimisión de Errejón por agredir dereitos dunha ducia de mulleres, viróuseme o sentido, durándome a incredulidade ata repasar páxinas de prensa e explosivos minutos televisivos. Diante dunha denuncia deste tipo, compre que se investigue, que se presenten probas ou testemuñas e se contrasten versións, sendo clarificador se no caso do denunciado chove sobre mollado.

Se algo teñen os novos movementos políticos de esquerda é a ánsia de renovación, de marcar diferencias e exaltar a muller de xeito que o seu plural identificativo sempre é feminino -"nosoutras"- como proba do respecto en todos os ámbitos. Que Errejón, elemento vital de formacións de esquerda, resulte acosador ou algo máis, agrava un comportamento abominable.

No Lugo público coñecémonos todos, e na clase política de Madrid, seguro que todos tamén saben de que pé coxea cada quen. Extraña que un comportamento así non se coñecese, pero aínda que aquí nos coñecemos todos, ninguen foi quen de saber no Concello de Lugo que habia unha autoridade con comportamentos impropios (de outro tipo) ata que os investigadores destaparon os feitos.

Non sabemos que repercusións xudiciais vai ter o proceder deste polìtico con cara de neno inocente, pero somos conscientes de que os feitos socavan confianzas, que o dano ocasionado ás vítimas é irreparable, qué é un fito nefasto aínda máis innoble nunha autoridade, e que nos fai temer que todo o irracional poida resultar posible.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES