Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas despertas

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 31 de octubre de 2024
Nos tempos que nos toca vivir precísanse persoas máis despertas que nunca.
Porque non todo o que se nos ofrece é bo para favorecer a nosa saúde integral.
-A publicidade bombardéanos para que nos sintamos insatisfeitos.
-Parece que o esforzo debe desaparecer cando é o motor da vida.
-A disciplina parece innecesaria; pero fai moita falta.
-Parécenos que os dereitos están ó alcance de todos cando o certo é que non existen sen os correspondentes deberes.
-Parécenos que somos moi sabios co uso das novas tecnoloxías, cando non son máis que ferramentas que nin siquiera están ó alcance de todos
O único que se nos regala é a vida, o resto hai que sudalo.
¿ESTAREMOS ANESTESIADOS?
- Contaminamos a natureza e pedímoslle productos naturais.
- Pedimos calidade de vida e non cultivamos os valores.
- Comparamos ás mascotas cos humanos.
- Pensamos que a felicidae está no ter e o materialismo escravízanos.
- Dámoslle todo feito á infancia e queremos que se defenda na vida.
- Queremos respirar puro e talamos árbores.
- Premiamos os estudiantes por estudiar cando o poder estudiar xa é un premio.
- Saturamos a vida con bens materiais e pasamos fame de de bens intelectuais, afectivos e espirituais.
- Vivimos escravizados do ter, pensando que eso nos libera.
- Pensamos saciar as necesidades espirituais con bens materiais cando o que precisa a alma é amor mutuo.
- Dámoslle o peixe á xente nova e quermos que aprendan a pescar.
- Pensamos que levamos unha vida plena, e sentímonos baleiros por dentro.
POR ESTAS E OUTRAS MOITAS RAZÓNS CÓMPREN PERSOAS MOI DESPERTAS:
- XUVENTUDE DESPERTA
- Que non se deixe seducuir pola vida fácil, porque todo ten un prezo.
- Que adquira unha boa formación académica para ir desperta pola vida
- Que sexa mentalmente sa: formada e formal.
- Que se sacrifique para conseguir un porvir prometedor.
- Que non se deixe enganar polas falsas apariencias.
- Que adquira unha formación espiritual sólida que lle permita ser unha persoa de ben e con trascendencia.
- Que funde familias basadas no amor estable e duradeiro.
- PROXENITORES DESPERTOS
- Que leven unha vida ordenada e exemplar.
- Que prioricen os valores que nunca deben esquecerse: respecto, esforzo, honestidade, lealdade, servicialidade, xenerosiadade, humildade, paciencia...
- Que non se convirtan en escravos do ter porque hai algo máis.
- Que faciliten unha formación ética, moral ou relixiosa ós seus fillos.
- Que colaboren co profesorado para ir unidos na educación.
- Que respecten o proceso madurativo dos seus fillos, sen adiantar acontecementos: cada cousa ó seu tempo.
- Que non lle dean todo feito para que desenrolen a creatividade.
- Que lles compren menos regalos e lles dediquen máis tempo.
- Que non os premien polos estudios, porque o estudio é un deber que leva o premio incorporado.
- Que lles ensinen a pedir permiso porque non todo está permitido.
- Que cultiven o agradecemento na vida familiar e social.
PROFESORADO DESPERTO
- Que tome conciencia de que é o sal e a luz da terra.
- Que saiba que nas súas mans están os profesionais do futuro: os científicos, os gobernantes, os pais e nais de familia, os mestres, os enxeñeiros, os santos, todos...
-Que fagan tutoría cos proxentores para que tomen conciencia da súa importancia á hora de colaborar na formación da infancia.
-Que non se desanimen aínda que lles pareza que non fan nada.
Sempre queda algo, moito máis do que nos imaxinamos.
O nenos observan moito máis do que nos parece e, aínda que non o comprendan, xa o comprenderán cando vaian madurando.
GOBERNANTES DESPERTOS
- Que velen polos intereses dos cidadáns.
- Que administren ben os cartos.
- Que respecten os dereitos universais de convivencia.
- Que velen pola paz e o progreso.
Paz é progreso é o que se lles pide.
"PAZ E PROGRESO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES