Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mirando para atrás

lunes, 01 de junio de 2009
Todos os gobernos cando empezan o seu mandato teñen a tentación -e quizais a obriga- de mirar para atrás e analisar a situación real coa que se atopan, tanto desde o punto de vista económico, compromisos incluidos, como a situación global dos asuntos da súa competencia.

Neste caso é o goberno galego o que cavila sobre as cifras con que se atopa ó comezar a gobernar, como noutras ocasións se ten producido por riba de calquera opción política, coa tentación de culpar á herdanza recibida das dificultades iniciales ou de máis adiante.

O actual goberno do Partido Popular non precisou moito tempo para proclamar que non lle saen as contas porque o anterior executivo as deixou mal cadradas. E entre as cifras que saíron a relucir están arredor de seiscentos cincuenta millóns de euros calculados de máis como previsión de ingresos porque non se contou coa crise que nos invade, cincocentos millóns de euros de compromisos de gastos do anterior executivo non previstos inicialmente, e douscentos millóns de euros xa gastados con cargo a subvencións da Unión Europea que se dubida poidan cobrarse. A cifra resultante é tan voluminosa que ven supoñer arredor do dez por cento de todo o presuposto de Galicia para o presente ano.

O que con esto ocorre é que son valores entendidos. E o goberno actual protesta agora como cando cambie o signo político gobernante as novas autoridades berrarán moi alto en relación co endebedamento que os seus predecesores deixaron nas contas do goberno autonómico.

Mirar para atrás parece obrigado para non caer en erros como os que poidan apreciarse no campo visual ou para coller forzas para lanzarse hacia adiante. O certo é que cada goberno procura executar o presuposto o ano en que hai eleccións, e mesmo endebedarse, e o que entra xa conta con que o primeiro ano é ano perdido a efectos económicos polas condicións nas que quedan as arcas públicas. Nesto, ninguén se chama a engaño, pero de algo hai que falar. E máis no Parlamento.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES