Brindos a Louzarela
Gzlez.Vigo, Marcial - viernes, 29 de mayo de 2009
Brindarei a Louzarela
co meu verso brindador.
Que bonita é Louzarela
envolta nun lazador
Cantar a Valdefariñas
nun brindo que se desata.
Aldea de albiña fina
brotando dunha garganta.
Cantiga brindeira e núa
debullada en dobre peza.
Saeu dos meus sangumiños
revoltada na cabeza.
Brindos de versos miúdos
simples, sentidos e claros.
Valdefariñas nun cesto,
Louzarela nun ferrado.
Quen me dera ter nacido
nunha das dúas cantadas.
Brindaría no entendido,
nas noites e madrugadas.
Canto sen medo a tronzar
co moer dun muíño vello.
Bíllame o gran miudiño,
de millo, trigo e centeo.
Louzarela é Louzarela,
Valdefariñas, meseta.
Brindei según me brotou
nun voar de bolboreta.
Gzlez.Vigo, Marcial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora