Mala Cara
Xiz, Xulio - viernes, 29 de mayo de 2009
Cada vez me afectan máis determinados temas que me afloxan o ánimo e me deixan sen forzas durante un tempo.
Dúas e media da tarde dun mércores nunha oficina pública, na que agardo que me informen dun tema. Unha das funcionarias, ten mala cara, pero mala cara permanente cun rictus de sufrimento continuado.
Nesto que chega unha rapaciña diminuída que supoño é a súa filla e senta frente a ela, agardando que salla de traballar para acompañala.
Segue na cara da funcionaria o triste rictus que eu puiden observar, e nin ela nin a nena pronuncian unha palabra. Non lle dirixiu nin a mirada no tempo que estiven eu alí agardando para ser informado. Seguíu escrutando os papeis que tiña na man, como se deles dependese o porvir do mundo.
Entón comprendín a súa mala cara, porque estas cousas retroaliméntanse. A nena é o obxecto da súa preocupación, e tela diante reafirma esta. E a nena está afeita a non recibir palabras nin siquiera miradas.
Rematou a miña presencia na oficina, e eu non sabía a quen compadecer mais: Se á nai por considerar un problema permanente a existencia desa nena, ou á nena porque a súa problemática existencia non atopa no seu inmediato contorno o clima adecuado para desenvolverse como persoa.
Se a miña cara reflicteu como quedou o meu interior -aínda que de ordinario coido ter semblante máis ou menos ledo- seguro que se me puxo mala cara.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora