Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 25 de octubre de 2024
Ás 16:37

Estirei a pata e deixeime ir. Escribo desde o máis alá co conto de acá. Foi exactamente ás 16:37 cando me pegaron un tiro no centro mesmo do corazón. Para min que o tiro saíulles de chorra. Uso o plural -aínda que só me atinase un- porque eran tres os condenados que asomaron pola esquina do canellón. Unha canella na que, a pesar de ser de día, non había ninguén; talvez porque, á causa da canícula existente, a xente estaría coa sesta.
Pingas de Orballo Cando vin aparecer os tres mozos, o asunto xa me cheirou mal, aínda que, iso si, eu xa lles sorrín desde a distancia porque, detrás do sorriso, soltaría o típico saúdo. Mesmo sendo mozos, ninguén desmerece un saúdo. Non me deron tempo nin de pensar máis; o rapaz do medio, coma un lóstrego, sacou a pistola e, sen apuntar, disparou. De aí que pense que fose de chorra a puta puntería. No centro mesmo do corazón!
Nin tempo tiven de ver como fuxían. Souben que o fixeron porque... que ían facer a esas horas? Ás 16:37. Nunca morrera a esa horas tan españolas da sesta. A verdade é que nunca morrera antes. Esa foi a primeira e única vez. O que máis me rebenta é que fora precisamente a esa hora. Se aínda fose pola noite, cando todos os gatos son pardos, aínda tería un pase: mesmo intúo que podía facelo felizmente, pero en pleno día non me entraba na cabeza. Só pensei isto nun suspiro. Non tiven tempo para máis.
Dei a derradeira boqueada e deixeime ir. Agora só quedan uns responsos e algunha misa de réquiem. Pero isto xa non corre da miña conta. Déixovos acá que eu xa estou no máis alá.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES