Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 23 de octubre de 2024
Desde unha cadeira

Sento na cadeira. Pido un café. Mentres espero, contemplo o ceo gris. Máis nubrado ca nunca. Ameaza chuvia. Se chove que chova. Chega o café. Bótolle un chisquiño de azucre. Só un chisquiño. Reméxoo, remóvoo, revólvoo. Para que se mesturen as ansias cos gozos, as pombas cos corvos e o ruído co silencio. No primeiro trago baixa unha ilusión; aquela na que todo se pode. Pingas de OrballoNo segundo trago enviei un estilo esperpéntico para que se mesturara cun nobelo de fíos negros. E no terceiro trago baixaron todos os momentos nos que subín ó mesmo outeiro para deixar escapar un berro seco.
Rematado o café contemplo o ambiente, o panorama. Xente que pasa amodiño. Coches que pasan correndo. Ceo que ameaza con deixar caer pingas de auga. Porén, o tempo está quente e Eros Ramazzotti di que non estamos sós. Mente! Eu estou só. A pomba que anda por entre as mesas está soa. Unha moza que pasa vai soa. Un home que entra correndo á cafetaría faino só. A soidade, ás veces, é unha sensación chea de porcalladas que non deixan articular palabra.
Está chegando o momento de que hai que marchar. Porque o tempo, moitas veces, é efémero e corre, e voa, e pasa, e non se detén. Co tempo xunguimos a vida, que tampouco se para. Certo, cando cesa... mal asunto e peor presaxio. Hai que empezar a coller a carteira para pagar o café. A pomba que estaba soa, marchou. Eu, que sigo só, vou marchar. Todo pasa, soamente, ti, recordo, te eternizas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES