Persoas buscadoras de paz
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 24 de octubre de 2024
Hoxe en día vense anuncios de todo tipo.
Se aparecera un nos medios de comunicación que dixera algo así:
"NECESITAMOS PERSOAS BUSCADORAS DE PAZ", seguramente aparecarían moitas porque supoñían que detrás dese anuncio había unha recompensa económica.
Cando hai recompensa económica, móvense as masas.
Non sei que teñen os cartos que a todos nos gustan.
O problema da PAZ é que non hai cartos no mundo que a paguen.
A paz interior dunha persoa é algo de tantísimo valor que non a pode comprar nin tan siquiera a persoa máis rica do mundo.
A PAZ LEVÁMOLA NO CORAZÓN
Todos podemos ser portadores de paz se a buscamos no noso corazón.
Os crentes levamos a paz de Cristo; pero os ateos tamén a levan o que pasa é que non son conscientes.
A paz levámola impresa no noso ser interno igual que levamos a respiración ou a circulación.
A respiración e a circulación vémola a través dos órganos que as propulsan; pero a paz...
¿QUÉ NOS IMPIDE VE-LA PAZ?
O apego ás cousas e o apego ás persoas.
Os humanos somos así:
Agarrámonos a unha cousa e somos capaces de facer a guerra a quen nola queira quitar.
Apegámonos a unha persoa e somos capaces de privala da súa liberdade para que nos complaza.
Agarrámonos a unha ideoloxía e se a dos outros é diferente, xa a cousa vai mal.
¿POR QUÉ SOMOS ASÍ?
Porque imos pola vida dormidos.
Precisamos despertar para ve-la realidade.
Somos así porque non nos abrimos á realidade da vida.
Somos moi esixentes e estamos moi equivocados.
A realidade é que A VIDA É COMO É e deberíamos aceptala, disfrutala e agradecela sen complicar a nosa vida nin a dos outros.
Se a disfrutamos e a agradecemos tal como é, xa temos paz no noso corazón.
Pero esto non debe ser nada doado porque non tódalas persoas o consiguen.
¿CÓMO SON AS PERSOAS BUSCADORAS DE PAZ?
-Son persoas flexibles.
-Son persoas desprendidas dos apegos.
-Son persoas auténticas que teñen moi claro que ninguén está en posesión da verdade absoluta.
-Son persoas que relativizan todo.
-Son persoas que saben que todo vai quedar aquí.
-Son persoas que saben que só se leva o vivido, o disfrutado e o amado e por esa razón non se complican a vida.
-Son persoas que non tratan de amañar o mundo, sencillamente ámano tal como é.
-Son persoas que se rixen pola lei do amor.
DE TAL XEITO QUE NOS ENCONTRAMOS CON:
-Persoas que renuncian á súa razón en beneficio da paz común.
-Persoas que non se apegan á materia porque para elas a materia é un medio, pero non un obxectivo a conseguir.
-Persoas que non se aferran ás ideoloxías porque ideoloxías hai tantas como persoas; pero só a Verdade é unha.
-Persoas que respectan a liberdade das outras para que se sintan cómodas e poidan vivir en paz.
-Persoas que non impoñen o seu xeito a ninguén porque todos somos diferentes e saben que no mundo hai sitio para todos.
ESTAS SON AS PERSOAS BUSCADORAS DE PAZ
-Non reciben recompensas económicas.
-Non necesitan anuncios publicitarios.
-Non levan ningún distintivo.
-Non son externamente diferentes das outras.
-Encontrámolas na familia.
-Encontrámolas na escola e na universidade.
-Encontrámolas no supermercado.
-Encontrámolas no médico.
-Enontrámolas nas igrexas.
-Encontrámolas pola rúa.
Hai moitas.
Son persoas despertas.
"PERSOAS DESPERTAS".
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora