Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 22 de octubre de 2024
Nunha hora

Dixéronme que a espera sería dunha hora. Máis ou menos. Eu axiña pensei que, nunha hora, pódense facer moitas cousas; como botar a vida a perder ou incluso bombardear Israel. Cando pensei nisto último, brilláronme os ollos. Entoo o mea culpa por tal desexo, pero...
Nunha hora son capaz de ir ata alá e volver acá, de soñar un mundo cheo de paxaros brancos ou de afogar a alguén no encoro de Lindoso. Tamén o podo abandonar nas termas de Bande. Pingas de OrballoNunha hora podo pensar e desexar o que me dea a gana. Mesmo bailar unha capoeira ou unha samba baixo a música da brasileira Paula Fernandes.
Podo cantar un réquiem por quen marchou e coser con fíos de ouro un bolso que esgazou, e a pesar de non ser nin xastre nin zapateiro. Non dar puntada sen fío faino calquera. Eu mesmo. Podo facelo nunha hora ou en menos.
Nese tempo repetitivo -unha hora-, e xa de paseo, escoiteille a unha muller como lle dicía a outra que, ela, na casa, ou fóra con vestido, sempre andaba sen bragas. Non me asustei porque agora xa se fala de todo; sen inhibición, sen medo. Antes, nomear unhas bragas ou un sostén ou só que fose un escote, impoñía un pouco. Agora mudaron os tempos, evolucionamos moito, como o peixe que se cre sardiña ou viceversa.
Nunha hora dáme tempo a subir a un outeiro e berrar ós catro ventos, tamén asubiar desde a copa dun amieiro e zarandear o froito dos castiñeiros... que estamos no tempo. Son capaz de lanzar un suspiro dunha hora e de rebentar o corazón con latexos enormes e eternos, no mesmo tempo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES