Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Arcadio e Araújo

jueves, 28 de mayo de 2009
O vindeiro día 29, venres, vai celebrarse en Foz unha velada musical singular, atractiva e especialmente engaiolante. Arcadio Mon, o prestixoso director da Escola de Música, arroupado por un elenco de recoñecidos instrumentistas, ofrece un recital de cancións, das que na case totalidade é autor de letra e música, que abrangue un variado e entrañable temario: Dous amores, Lembranzas, Bolero, Doces Verbas, O Camiño… E mesmo algún poema de Noriega ou do portugués Teixeira de Pascoaes.

Manolo Araújo, falecido hai algún tempo, e Arcadio Mon son dous nomes relevantes para a historia musical da Mariña. O primeiro, mindoniense, foi unha figura popular e querida en toda a bisbarra e fora dela. Músico, poeta, artista polifacético, deportista co as súas diversas facetas, nas que sobresaíu sobranceiramente, gañouse o aprecio das xentes que, engadidas á súa modestia, a simpatía, altruismo e aínda a precisa dose de bohemia, o erixían en persoeiro singular que espertaba admiración e afectos. O espíritu romántico de Manolo Araújo reflictese nas súas composicións literarias e musicais, das que gardamos algunha na memoria, como aquel bolero que comeza: “Por qué ha de ser/ que siempre la nostalgia / ponga en la despedida /un velo de dolor / Por qué ha de ser / si sé que con la ausencia / no queda ya en la vida / lugar para el amor”. Puro sentimento.

Arcadio Mon, que consagrou a vida á actividade musical, formou en grandes agrupacións que o levaron a actuar por boa parte do Estado, e mesmo por diversos países do extranxeiro. Dende hai catorce anos dirixe a Escola de Música de Foz. O seu prestixo profesional e persoal; o seu talante, sempre disposto ó diálogo, tolerante e acolledor, fan del un Mestre cuias ensinanzas van mais alá do campo da mera técnica para erixirse ante os seus discípulos, sen propoñerse tal, en modelo de ser e de estar.

Arcadio e Araújo foron bós amigos. Pouco antes de morrer, o mindoniense entregoulle ó valadourense un poema coa encomenda de que algún día él o musicara. Pasaron anos, pero a música permañece como nexo indestructible entre as almas sensibles que a disfrutan e Arcadio cumplíu o encargo: o vindeiro venres soará por vez primeira o bolero “Pombiña”, con letra de Manolo Araújo e música de Arcadio Mon.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES